200px|miniatura|Lois II de Hesse.

Lois II de Hesse, nado en Darmstadt o 26 de decembro de 1777 e finado na mesma cidade o 16 de xuño de 1848, foi o o gran duque de Hesse e do Rin de 1830 a 1848.

Era fillo do gran duque Lois I de Hesse e do Rin e da landgravine Luísa de Hesse-Darmstadt. Casou en Karlsruhe en 1804 coa princesa, sendo tamén súa curmá, Guillermina de Baden (1788-1836) filla de Carlos Lois, príncipe herdeiro de Baden e de Amalia de Hesse-Darmstadt.

Descendencia Lois III de Hesse e do Rin (1806-1877). Carlos de Hesse(1809-1877), pai de Lois IV de Hesse e do Rin. Isabel de Hesse e do Rin (1821-1826). Alexandre de Hesse e do Rin (1823-1888), casado morganaticamente con Xulia de Hauke. María de Hesse e do Rin, casada co emperador Alexandre II de Rusia.

Segundo parece os catro últimos fillos foron procreados polo barón August von Senarclens de Grancy, amante da gran duquesa. Así que, para evitar un escándalo en toda regra, Lois II de Hesse-Darmstadt se viu na obriga de recoñecer coma fillos de seu a Alexandre e máis a María; os outros dous nenos morreron antes disto.

Categoría:Monarcas Categoría:Nados en 1777 Categoría:Finados en 1848 Categoría:Nados en Darmstadt