miniatura|300px|Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, na rúa Eduardo Chao.
A sede da Deputación de Pontevedra en Vigo é un edificio do século XXI situado na cidade de Vigo.
Descrición O edificio, inaugurado o 1 de xullo de 2008, ten seis andares e máis de 1.000 metros cadrados. O inmoble posúe unha sala de exposicións, salón de recepcións, despachos de presidencia e deputados, almacén e servizos administrativos.
Atópase no número 3 da rúa Oporto, ao carón da Casa de Fernando Carreras, antiga sede da alcaldía de Vigo. Na nova sede traballan nove empregados .
Historia A nova oficina constitúe a primeira sede da Deputación de Pontevedra aberta fóra da capital provincial.
A apertura dunha sede da deputación provincial na cidade de Vigo vén do desexo da institución de ter unha maior presenza no motor económico e cidade máis poboada da provincia de Pontevedra e de Galicia. A sede pretende prestar un servizo aos cidadáns vigueses para que non se teñan que desprazar á capital provincial.
Controversia Para o presidente da Deputación, Rafael Louzán, do Partido Popular, a súa apertura responde ao seu "compromiso persoal" coa cidade, e constitúe "un feito despois 171 anos de historia". O Partido Socialista, cualificouna coma un "despilfarro".A deputación de Pontevedra instala oficina en Vigo
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Deputación de Pontevedra Sede de Vigo.
Categoría:Arquitectura civil en Vigo