San Martiño de GrouDiocese:Ourense Arciprestado:Baixa LimiaÁrea: 1,22 km²Poboación: 15 hab. (2021)Densidade: 12,3 hab./km²Entidades de poboación: 2

dereita|miniatura|Igrexa parroquial.

San Martiño de Grou é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado da Baixa Limia da diocese de Ourense. Ten as súas terras e os seus dous lugares repartidos entre os concellos de Lobeira e Lobios. No ano 2021 tiña 15 habitantes dos cales 7 eran homes e 8 mulleres, o que supón un descenso con respecto ao ano 2007, cando tiña 40 habitantes.

O lugar de Cabaleiros pertence ao concello de Lobeira e o do Valoiro pertence ao concello de Lobios. Limita coas parroquias homónimas de Santa Cruz de Grou, en Lobeira, e de San Mamede de Grou, en Lobios.

Notas

Véxase tamén Outros artigos San Martiño de Grou, Lobeira San Martiño de Grou, Lobios

Categoría:Parroquias eclesiásticas divididas entre dous concellos Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño Categoría:Artigos de Galicia sen datos de superficie