Theodore Raimi, nado o 14 de decembro de 1965 en Detroit, Míchigan, é un actor, director, cómico e escritor estadounidense.

Traxectoria É irmán de Sam Raimi e Ivan Raimi. Actuou nas series de televisión Hercules: The Legendary Journeys e SeaQuest DSV, pero sobre todo fíxose coñecido polo seu papel de Joxer na serie Xena: Warrior Princess. Tamén interpretou numerosos papeis en filmes, destacando o seu traballo en Evil Dead e Darkman.

Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Detroit