O achuar é unha lingua da familia xíbara falada no Perú e Ecuador polo pobo achuar. O achuar está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Distribución xeográfica No Perú os achuar viven ao longo dos ríos Morona, Macusari, Tigre, Huasaga e Corrientes no departamento de Loreto. En Ecuador os achuar viven en 7 asentamentos das provincias de Pastaza e Morona-Santiago.
Falantes 6.000? (2004) Perú: 3500 Ecuador: 2500
Dialectos Shiwiar: 720 falantes en 8 asentamentos en Ecuador
Escrita Os misioneiros protestantes crearon unha ortografía para a lingua na que se editaron unha gramática, un dicionario e algúns textos relixiosos, entre os que destaca a tradución do Novo Testamento (1981-1994) O achuar emprégase nas escolas de Ecuador e Perú e no ensino radiofónico en Ecuador, para o que se editaron materiais educativos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ethnologue Dicionario achuar-castelán (zip) Gramática achuar (en castelán)(arquivo zip) Libro de texto de matemáticas en achuar (zip)
Categoría:Linguas xíbaras Categoría:Linguas de Ecuador Categoría:Linguas do Perú