Teresa Pedrosa Silva, nada en Pontevedra o 28 de decembro de 1964, é unha política galega.

Traxectoria Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, foi inspectora da Inspección de Traballo e Seguridade Social entre 1991 e 1995 e entre 2002 e 2003. Entre 1992 e 1994 foi xefa do equipo de inspección no Campo de Xibraltar. De 1997 a 2002 foi presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais. Amais, dirixiu a Revista Galega de Dereito Social.

Política Como política, pertence ao Partido Popular de Galicia, sendo presidenta local de Pontevedra entre 2004 e 2007. Foi cabeza de lista ás eleccións municipais de 2003 en Pontevedra, no que a súa formación conseguiu ser a segunda forza máis votada. Entre 2007 e 2011 foi concelleira polo PPdeG no concello de Pontevedra, logo de ocupar o número dous da lista encabezada por Telmo Martín González.

Foi deputada provincial, vicepresidenta da Deputación Provincial de Pontevedra entre 2003 e 2011 e presidenta executiva do Museo de Pontevedra entre 2003 e 2010. Foi nomeada conselleira da asemblea de Caixa Galicia polo concello de Pontevedra.

En febreiro de 2012 foi designada Delegada Especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo.BOE

Notas

Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1964 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela