miniatura|dereita|120px|Brasón de Armenia O presidente de Armenia é o xefe de Estado dese país dende a súa independencia da Unión Soviética, ocorrida o 21 de setembro de 1991.
O título exacto do cargo é "Presidente da República de Armenia".
Historia Armenia constituíuse nunha república independente por primeira vez entre 1918 e 1920, como República Democrática de Armenia. Durante este tempo, o seu xefe de estado foi Avetis Aharonyan, que gobernou entre o 30 de maio de 1918 e o 2 de decembro de 1920, cando se proclamou a República Socialista Soviética de Armenia, e o país pasou a formar parte da Unión Soviética.
A República de Armenia (1991-presente) En setembro de 1991 convocouse un plebiscito, no cal a maioría da poboación da Armenia votou pola independencia da Unión Soviética. No mes seguinte, convocouse a primeira elección presidencial, na cal Levon Ter-Petrosian foi elixido con 83% dos votos.
Segundo a constitución do país, o presidente é o xefe de estado de Armenia. É elixido directamente pola poboación para un mandato de 5 anos, sendo posíbel convocar unha segunda volta no caso de que ningún candidato obteña a maioría absoluta na primeira volta.
Esta é unha lista dos presidentes de Armenia despois de 1991. NomeInicioFinPartidoElecciónscentro|150pxLevon Ter-Petrosian16 de outubro de 19913 de febreiro de 1998Movemento Nacional Pan-Armenio1991 1996centro|150pxRobert Kotcharian3 de febreiro de 19989 de abril de 2008Independente1998 2003centro|150pxSerzh Sargsian9 de abril de 20089 de abril de 2018Partido Republicano2008 2013centro|150pxArmen Sarkissian9 de abril de 20181 de febreiro de 2022Independente2018centro|150pxAlen Simonyan1 de febreiro de 202213 de marzo de 2022Contrato Civil -centro|150pxVahagn Khachaturyan13 de marzo de 2022presenteIndependente2022
Categoría:Listas de personalidades da política