Manuel Costa Varela, nado en Ramil (Agolada) o 24 de agosto de 1774 e finado en Ventosa o 10 de agosto de 1849, foi un militar e político galego.
Traxectoria Estudou na Universidade de Santiago de Compostela e exercía de avogado na Real Audiencia de Galicia en xuño de 1808. Ao ano seguinte púxose á fronte dos paisanos da súa comarca para loitar contra os franceses e con eles marchou contra os invasores acampados en Melide, aos que fixo fuxir e perseguiu ata Lugo. O mesmo fixo con outros corpos de tropa en terras de Arzúa e Sobrado. Seguiu de comandante de alarma na comarca ata 1814.
Foi procurador das xurisdicións de Ventosa e Borraxeiros e anos despois participou en diferentes accións á fronte dos realistas. Tivo que fuxir da súa casa para evitar que o deportasen a Canarias. En 1822, ás ordes do comandante Feás, volveu loitar a carón dos absolutistas. Co triunfo destes, Costa foi nomeado corrixidor de Borraxeiros e da súa xurisdición e proposto para cargos nas Audiencias de Galicia e Cataluña.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Agolada Categoría:Nados en 1774 Categoría:Finados en 1849