miniatura|Un exemplar de oso pardo no zoo vigués. Vigozoo foi o nome oficial do parque zoolóxico de Vigo, chamado popularmente A Madroa (lugar da parroquia de Candeán onde se atopa) ata o ano 2024 cando muda a Vigonature, dentro da migración de zoolóxico a centro educativo natural. Ostenta a categoría xurídica de organismo autónomo municipal. Foi o primeiro parque zoolóxico de Galicia.

Historia dereita|miniatura|Entrada ao Zoo da Madroa, 1988. Está situado no monte da Madroa, a uns 10 km do centro da cidade, e ten unha extensión de 55.676 m². Inicialmente foi constituído como fundación pública en 1970, creado a iniciativa de Rafael Portanet durante o seu mandato como alcalde de Vigo, e construído polo seu sucesor no cargo, Antonio Ramilo. A súa inauguración oficial foi o 18 de xullo de 1971. Na actualidade, xunto co Parque Marcelle Natureza son os únicos parques zoolóxicos de Galicia.

Vigozoo foi o último fogar do soado mono Paco da especie Chlorocebus sabaeus, trasladado por iniciativa do entón concelleiro de Vigo Antonio Nieto Figueroa 'Leri', desde a alameda de Redondela a Vigozoo por mor do seu desenfreo sexual, proporcionándoselle un harén de catro monas (o que provocou as protestas de colectivos feministas).

Especies No parque exhíbense as especies de animais e plantas a seguir:

Mamíferos miniatura|Lince común en Vigozoo. miniatura|Lémures da Madroa. Carneiro bravo (Ovis musimon) Castor fiber Equus quagga Cervo do padre David (Elaphurus davidianus) Cervo común (Cervus elaphus) Trichosurus vulpecula Kobus leche Taurotragus oryx Gamo (Dama dama) Guanaco (Lama guanicoe) Lémure (Lemur catta)Begoña R. Sotelino (13/1/2015). "Vigozoo se queda sin sus últimos monos y los cambia por lémures" La Voz de Galicia . León (Panthera leo) Lince común (Lynx lynx) Llama (Lama glama) Lobo ibérico (Canis lupus signatus) Mona de Xibraltar (Macaca sylvanus), non actualmente. Rousettus aegyptiacus Órix de cornos de cimitarra (Oryx dammah) Oso pardo (Ursus arctos) Pantera negra (Panthera pardus) Pecarí de colar ou caititú (Pecari tajacu) Petauro do azucre (Petaurus breviceps) QuincajúNome vulgar galego recomendado polo Servizo de Normalización Lingüística da USC (Potos flavus) Tigre (Panthera tigris) Ualabí de Bennett, ualabí de pescozo vermello (Macropus rufogriseus) Xabaril (Sus scrofa) Xeneta (Genetta genetta)

Aves miniatura|Pavón. Aguia calzada (Aquila pennatus) Aguia real (Aquila chrysaetos) Tartaraña cincenta (Circus pygargus) Tartaraña das xunqueiras Circus aeruginosus Pato filipino (Anas luzonica) Pato cincento (Anas strepera) Pato picopinto (Anas poecilorhyncha) Lavanco real (Anas platyrhynchos) Ganso de cabeza listada (Anser indicus) Ganso do Canadá (Branta canadensis) Ganso sangano (Branta leucopsis) Ganso de Hawai (Branta sandvicensis) Bufo real (Bubo bubo) Voitre leonado (Gyps fulvus) Cerceta aliazul (Anas discors) Cerceta do estío (Anas querquedula) Peneireiro (Falco tinnunculus) Cegoña branca (Ciconia ciconia) Cisne común (Cygnus olor) Cisne negro (Cygnus atratus) Poicephalus gulielmi Cotara australiana (Eulabeornis castaneoventris) Corvo pequeno (Corvus corone) aguia albela (Circaetus gallicus) Dromaius novaehollandiae Galiña de Guinea (Numida meleagris) Galiña de Mos Gallus gallus domesticus Ganso cisnoide (Anser cygnoides) Ganso bravo (Anser anser) Ganso de Exipto (Alopochen aegyptiacus) Ganso emperador (Chen canagica) Grou coroado oriental (Balearica regulorum) Grou pequeno (Anthropoides virgo) Abelleiro europeo (Pernis apivorus) Papagaio cincento (Psittacus erithacus) Gabián de cabeza cincenta (Leptodon cayanensis) Ñandú común (Rhea americana) Marreca colorada (Anas cyanoptera) Pato mudo ou pato criouloRecomendación do Servizo de Normalización Lingüística da USC (Cairina moschata domestica) Marreca de coleira (Callonetta leucophrys) Pato de Carolina (Aix sponsa) Pato mandarín (Aix galericulata) Pavón (Pavo cristatus) Parrulo cristado (Aythya fuligula) Asubiador americano (Anas americana) Asubiador, pato asubión, (Anas penelope) Ireré (Dendrocygna viduata) Ireré paponegri (Dendrocygna autumnalis) Pato branco (Tadorna tadorna) Pato canelo (Tadorna ferruginea) Pato radjah (Tadorna radjah) Avestruz (Struthio camelus)

Réptiles miniatura|Camaleón en Vigozoo. Boa arborícola amazónica (Corallus enydris coocki) Boa constrictor Dragón barbudo (Pogona vitticeps) Eslizón de lingua azul (Tiliqua scincoides) Falsa coral, coral rateira (Lampropeltis triangulum) Falsa coral de Honduras (Lampropeltis hondurensis) Gecko de bibrón (Pachydactylus bibronii) Gecko leopardo (Eublepharis macularius) Lagarto de placas do Sudán (Gerrhosaurus major) Pitón da India (Python molurus) Pitón real (Python regius) Pitón reticulado (Python reticulatus) Osga común (Tarentola mauritanica) Cobra gato verde (Boiga cyanea) Serpe do millo (Elaphe guttata) Serpe rei (Lampropeltis gettulus cal) Tartaruga aligator (Macrochelys temminckii) Tartaruga de patas vermellas ou xabutí (Geochelone carbonaria) Tartaruga das Antillas (Trachemys decussata) Tartaruga de coiraza mol (Apalone Ferox) Tartaruga de esporón xigante (Geochelone sulcata) Sapoconcho americanoBoletín Oficial del Estado (versión oficial galega), sapoconcho de Florida ou sapoconcho de orellas vermellas (Trachemys scripta elegans) Sapoconcho de Nelson (Pseudemys nelsoni) Sapoconcho de orellas amarelas (Trachemys scripta scripta) Tartaruga de pescozo estriado (Ocadia sinensis) Tartaruga falsa mapa (Graptemys pseudogeographi) Tartaruga falsa mapa do Mississippi (Graptemys kohni) Tartaruga pintada (Chrysemys picta) Tartaruga xeroglífico (Pseudemys concinna) Tegú vermello (Tupinambis rufescens) Varano acuático

Anfibios miniatura|Axolote en cativerio. Axolote (Ambystoma mexicanum) Ra niño escuma (Rhacophorus leucomystax)

Insectos Insecto pau alado (Sipiloidea sipylus) Insecto pau común (Baculum extradentatum) Insecto pau do Perú (Oreophoetes peruana) Insecto pau da Cordilleira Cóndor (Peruphasma schultei)

Arácnidos Escorpión emperador (Pandinus imperator) Migala de patas vermellas (Brachypelma smithi) Migala rubia (Grammostola sp.) Tarántula cebra de Costa Rica (Aphonopelma seemanni) Tarántula cornuda (Ceratogyrus marshalli) Tarántula de Chile (Grammostola rosea) Tarántula tigre asiática (Haplopelma sp.) Tarántula voadora (Avicularia avicularia)

Moluscos Polbo (Octopus vulgaris)

Peixes Carpa vermellaNome galego en Listado de denominaciones comerciales de especies pesqueras y de acuicultura admitidas en España, Boletín Oficial del Estado, 2006 e Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000 (Carassius auratus) Cabalo de mar barrigudo (Hippocampus abdominalis) Cabalo de mar de fociño longo (Hippocampus guttulatus)

Plantas miniatura|Árbore da seda (Albizia julibrissin), especie que se atopa en Vigozoo Pódense atopar 42 especies de árbores, arbustos e plantas, moitas delas autóctonas, outras exóticas.

Abeleira (Corylus avellana), autóctona Abeto vermello (Picea abies), común na xardinaxe galega Árbore da seda (Albizia julibrissin) Acacia negra (Acacia melanoxylon), asilvestrada en Galicia Acivro (Ilex aquifolium), autóctona Alfaneiros (Ligustrum spp.), usuais na xardinaxe galega Amieiro (Alnus glutinosa), autóctona Bidueiros (Betula spp.), autóctona Camelia do Xapón (Camellia japonica), usual na xardinaxe galega Capudre (Sorbus aucuparia), autóctona Carballo veriño (Quercus robur), autóctona Carballo americano (Quercus rubra), común coma árbore de reforestación en Galicia Castiñeiro (Castanea sativa), semiautóctona Cedro do Atlas (Cedrus libani var. atlantica) Cedro do Himalaia (Cedrus deodara) Cerdeira brava (Prunus avium), autóctona Chopo negro (Populus nigra), semiautóctona Alcipreste común (Cupressus sempervirens) Alcipreste de California (Cupressus macrocarpa) Cotoneásters (Cotoneaster spp.) Estripeiro (Crataegus monogyna), autóctona Figueira (Ficus carica), común nos pomares galegos Formio (Phormium tenax) Freixo común (Fraxinus excelsior), autóctona Iuca filamentosa (Yucca filamentosa) Loureiro xaponés (Aucuba japonica) Maceiras (Malus spp.), común nos pomares galegos Magnolia de Soulange (Magnolia × soulangeana) Mandarineiro (Citrus reticulata) Milgrandeira (Punica granatum) Nogueira común (Juglans regia), autóctona Palmeira das Canarias (Phoenix canariensis), común na xardinaxe galega Piñeiro manso (Pinus pinea) Pitósporo (Pittosporum tenuifolium) Plátano común (Platanus × hispanica), común na xardinaxe galega Pradairo real (Acer platanoides) Salgueiro chorón (Salix babylonica), común na xardinaxe galega Salgueiro bravo (Salix atrocinerea), autóctono Sanguiño (Frangula alnus), autóctono Tuias (Thuja spp.), común na xardinaxe galega Tulipeiro de Virxinia (Liriodendron tulipifera) Xinkgo (Ginkgo biloba)

Instalacións e servizos O parque conta coas seguintes instalacións e servizos: Departamento de educación: organiza visitas guiadas, obradoiros, aniversarios, campamentos, concursos etc. Exotarium: nel áchanse os insectos, arácnidos, anfibios e réptiles. No primeiro andar están as bolboretas e as aves, no que se atopan aves exóticas durante todo o ano e na primavera e no verán tamén bolboretas. Nocturama: atópanse diferentes animais nocturnos, coma morcegos, mouchos, petauros ou gálagos. Tres acuarios: onde se poden ollar especies mariñas coma polbos e diversas especies de cabaliños do mar. Planetario con capacidade para 20 persoas. Merendeiro cuberto con instalación solar didáctica. Parque infantil. Cafetaría. Tenda de agasallos. Dentro do recinto tamén hai un monólito na memoria a Félix Rodríguez de la Fuente.

Contorna O zoo de Vigo áchase par do miradoiro da Madroa, con vistas panorámicas sobre a ría de Vigo e o parque forestal do Vixiador, con máis de 15 ha cunha rica flora e fauna. Hai pouco talláronse as árbores exóticas coma eucaliptos e acacias e plantáronse especies autóctonas coma o carballo ou o bidueiro

Preto do parque zoolóxico tamén hai un campo megalítico cun gran número de túmulos. O máis grande acada un diámetro de vinte m e unha altura de 3,50 m. As instalacións de adestramento do Real Club Celta de Vigo tamén se atopan no lugar.

Críticas En 2011, unha denuncia cursada por Infozoos provocou a condena da Comisión Europea a España polo incumprimento da lei de zoolóxicos.

A Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galicia detectou faltas na situación de Vigozoo en 2010 e, tras comprobar que seguía incumprindo a normativa de zoos en marzo de 2011, outorgoulle un prazo de seis meses para presentar a licenza municipal de actividade como zoolóxico, a modificación do programa nutricional, un plan definitivo e detallado do programa de cría en catividade do sapoconcho común (Emys orbicularis'') e unha memoria das actividades desenvolvidas.

En febreiro de 2013 a Comisión Europea validou as reformas realizadas en Vigozoo, polo que o parque zoolóxico cumpría coa normativa Europea vixente.

VigoNature No mes de febreiro de 2024, VigoZoo deixa de existir como centro zoolóxico e transfórmase en Vigonature, un centro de divulgación ambiental orientado a obxectivos educativos.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Parques de Vigo Ligazóns externas Sitio web do Parque Zoolóxico de Vigo

Categoría:Parques zoolóxicos de Galicia Categoría:Natureza en Vigo Categoría:Parques de Vigo