Antonio Heredero, nado en Madrid en maio de 1918 e finado en Vigo o 8 de novembro de 2008, foi un pintor galego.
Vida Estudou Dereito na Universidade Complutense de Madrid. Posteriormente ingresou no exército, onde comezou a carreira militar. Trasladouse a vivir a Galicia en 1950, e desde esa sempre viviu en Vigo. Pintor de acuarelas con motivos paisaxísticos, realizou a súa primeira exposición en Vigo en 1967. Retirouse co grao de tenente coronel.
Casado e con tres fillos, entre eles a tamén pintora Mariola Heredero, faleceu como consecuencia dun aneurisma de aortaPesar por la muerte en Vigo del artista plástico Antonio Heredero , El Correo Gallego, 8/11/09. Foi soterrado no cemiterio de Santo Amaro de Pontevedra.
Premios Medalla de ouro da Bienal de Pontevedra (1972 e 1975). Premio Ciudad de Puerto Rico.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do pintorarquivado do orixinal o 7 de novembro de 2012.
Heredero, Antonio Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1918 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid