miniatura|240px|Ovo de Vanellus vanellus A avefría choromica, comunmente avefría,, galdaripo, tamouca, corícora ou galo da braña, Vanellus vanellus, é unha ave limícola da familia carádridos.
Taxonomía Descrición A especie foi descita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Tringa vanellus.Vanellus vanellus (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 9 de setembro de 2022.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Tringa vanellus Linnaeus (protónimo) Vanellus cristatus Meyer Vanellus vulgaris Bechstein
Características É unha ave de 30 cm de lonxitude e 68 cm de envergadura.
A súa plumaxe é verde escura nas partes superiores, e branca no ventre.
As ás son arrendondadas, e a cola é curta.
É migratoria, e chega até o norte de África, o norte da India e a China.
Aliméntase principalmente de insectos, pero tamén come moluscos.
Hábitat e distribución É común na Europa e na Asia de clima temperado. En Galicia só quedan 50 parellas na zona do río Limia.
A avefría na cultura popular galega
Eladio Rodríguez recolle para esta ave o nome de galo monteiro, polo moño de plumas que ten sobra a cabeza Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano (1958-1961), s. v. galiña.. Outro nome baseado na mesma morfoloxía é o de galo da braña.
Constantino García recolleu en Cariño o nome de pito de neve, polo hábitat en que se desenvolve Constantino García González (1985): Glosario de voces galegas de hoxe, Universidade de Santiago, Verba, anexo 27.
Ameazas Esta especie sufriu descensos na súa poboación nos anos pasados como resultado da intensificación do uso da terra, a drenaxe das zonas húmidas e a recollida de ovos. A intensificación do uso da terra segue sendo un problema: hoxe en día está ameazada pola redución da produtividade reprodutora como resultado da intensificación e modificación das prácticas agrícolas.del Hoyo, J., Elliott, A. & and Sargatal, J. (1996): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7., especialmente a mellora dos pastos (por exemplo, mediante drenaxe e a aplicación de fertilizantes inorgánicos),Baldi, A., Batary, B. & Erdos, S. (2005): "Effects of grazing intensity on bird assemblages and populations of Hungarian grasslands". Agriculture Ecosystems & Environment 108: 251-263. o aumento do crecemento dos cultivos de cereais de inverno".Eggers, S.; Unell, M. & Pärt, T. (2011): "Autumn-sowing of cereals reduces breeding bird numbers in a heterogeneous agricultural landscape". Biol. Conserv. 144: 1137-1144. Importantes hábitats na área migratoria na costa do mar Báltico están ameazados pola contaminación por petróleo, a drenaxe das zonas húmidas para a rega, o abandono da terra e as prácticas cambiantes de xestión da terra, que provocan o crecemento excesivo de matogueiras.Grishanov, D. (2006): "Conservation problems of migratory waterfowl and shorebirds and their habitats in the Kaliningrad region of Russia". En: G. Boere, C. Galbraith & D. Stroud, eds. Waterbirds around the world, p. 356. Edinburgh, U.K.: The Stationary Office. A destrución do seu hábitat tamén pode ocorrer polos cultivos de primavera (utilizando maquinaria) nos campos de cultivo. A especie é susceptible de botulismo aviar, polo que pode verse ameazada por brotes futuros da enfermidade,Hubalek, Z., Skorpikova, V. & Horal, D. (2005): "Avian botulism at a sugar beet processing plant in South Moravia (Czech Republic)". Vetinarni Medicina 50 (10): 443-445. e pode sufrir a depredación dos niños por parte de depredadores nativos e introducidos (por exemplo, o ourizo europeo, Erinaceus europaeus), nalgunhas illas,<ref>Jackson, D. B. (2001): "Experimental Removal of Introduced Hedgehogs Improves Wader Nest Success in the Western Isles, Scotland". Journal of Applied Ecology 38''' (4): 802-812.</ref> córvidos, garzas, gaivotas e raposos. A especie cázase para uso comercial (para venderse como alimento) e con fins recreativos en Irán,Balmaki, B. & Barati, A. (2006): "Harvesting status of migratory waterfowl in northern Iran: a case study from Gilan Province". En: Boere, G., Galbraith, C. & Stroud, D., eds. Waterbirds around the world, pp. 868-869. Edinburgh, UK: The Stationary Office. e tamén se caza en Francia, Grecia, Italia e España.Trolliet, B. (2003): "Elements for a lapwing (Vanellus vanellus) management plan". Game and Wildlife Science 20 (1-2)): 93-144.
Estado de conservación Sospéitase que esta especie está a diminuír a súa poboación a un ritmo moderadamente rápido. Polo tanto, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o seu status como NT (case ameazada). Se novas informacións suxiren que estes descensos están a producirse máis rápido, merecería unha revalorización; case cumpre os requisitos para cualificarse como VU (vulnerábel).BirdLife International (2017): Vanellus vanellus na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 9 de setembro de 2022.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, Josep, Andrew Elliott & Jordi Sargatal, eds. (1996): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7. Harrison, Colin J. O. (1991): Encyclopaedia of Animals: Birds''. Londres, Reino Unido: Merehurst Press. ISBN 1-8539-1186-0.
Outros artigos Caradriformes Caradrios Carádridos
Ligazóns externas Vanellus vanellus na ADW. Vanellus vanellus (Linnaeus, 1758) na EOL.
Categoría:Carádridos Categoría:Aves de Galicia Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné