miniatura|Ilustración de Brassica rapa da enciclopedia xaponesa da agricultura Seikei Zusetsu

Brassica rapa é unha especie de plantas da familia das brasicáceas que se pode presentar en varias subespecies e variedades cultivadas moi comúns, como a planta do nabo (da que se obteñen nabos, nabizas e grelos); komatsuna, bomdong, bok choy e outras coles chinesas, etc.

Brassica rapa subsp. oleifera é unha subespecie de sementes oleíferas. De tres especies de Brassica oleíferas, concretamente Brassica rapa, Brassica napus (colza) e Brassica juncea, obtense o aceite de colza (nos Estados Unidos e o Canadá este tipo de aceite con baixo nivel de ácido erúcico denomínase canola, mentres que os tipos de grao non alimentario denomínanse alí aceite de colza).

Historia miniatura A orixe de B. rapa, tanto xeograficamente coma en canto os seus parentes silvestres sobreviventes, foi difícil de identificar porque o ser humano a desenvolveu en distintos tipos de vexetais, agora atópase na maior parte do mundo e volveu ao estado silvestre (feral) moitas veces. Un estudo das secuencias xenéticas duns 400 individuos de B. rapa tanto domesticados coma ferais, xunto con modelos ambientais, proporcionou máis información sobre a súa complexa historia. Este estudo indicou que a B. rapa ancestral probablemente se orixinou hai entre 4000 e 6000 anos na área do Hindu Kush de Asia central, e tiña tres conxuntos de cromosomas. Isto proporcionoulle o potencial xenético para adquirir unha diversidade de formas, sabores e requirimentos de cultivo. A domesticación produciu as hortalizas modernas e as variedades con sementes oleíferas, todas as cales teñen dous conxuntos de cromosomas.

A subespecie produtora de aceite (oleifera) de Brassica rapa puido ser domesticada varias veces desde o Mediterráneo á India, empezando xa no 2000 a.C. Os nabos comestibles foron cultivados primeiro posiblemente no norte de Europa, e foron un alimento importante na antiga Roma. O cultivo do nabo despois espallouse cara ao leste ata a China e chegou ao Xapón no 700 d.C. Hai descricións de hortalizas de B. rapa en documentos indios e chineses desde arredor o ano 1000 a.C.

No século XVIII Carl Linné considerou o nabo e as variedades produtoras de aceite especies diferentes, e denominounas B. rapa e B. campestris. Os taxonomistas do século XX atoparon que as plantas eran fértiles entre si e debían pertencer á mesma especie. Como o nabo fora nomeado primeiramente por Linné, adoptouse o nome Brassica rapa.

Usos As follas novas de B. rapa considéranse unha hortaliza excelente para comer crúa ou se son máis vellas cociñadas, así como os gromos. En Galicia son alimentos moi populares as follas novas tenras desta planta, chamadas nabizas (ou rabizas) e os gromos, chamados grelos (ou cimos, cimóns), moi populares en Galicia. A raíz napiforme ensanchada (nabo, carola, varizo, cachola, carocha) e as sementes (nabiñas) poden tamén comerse crúas, pero estas últimas conteñen un aceite que pode ser irritante para algunhas persoas. Tamén se lles poden dar aos animais. As variedades utilizadas e usos culinarios dependen do país.

Moitas bolboretas, incluíndo Pieris rapae, aliméntanse e polinizan as flores de B. rapa.

Cultivares Cultivar Imaxe NomeBok choy (un tipo de col chinesa)100px Brassica rapa subsp. chinensisBomdong100px Brassica rapa var. glabraChoy sum100px Brassica rapa subsp. parachinensis(Un tipo de colza)100px Brassica rapa subsp. oleiferaKomatsuna100px Brassica rapa subsp. perviridisMizuna100px Brassica rapa var. nipposinicaCol chinesa (un tipo)100px Brassica rapa subsp. pekinensis(Un tipo de grelo)100px Brassica rapa var. ruvoTatsoi100px Brassica rapa subsp. narinosaNabo100px Brassica rapa subsp. rapa(Un tipo de grelo)100px Brassica rapa subsp. trilocularis

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas "Multilingual taxonomic information". Universidade de Melbourne. PROTA (Plant Resources of Tropical Africa) rexistro da base de datos sobre Brassica rapa L.

Categoría:Brassica Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné