"Mirrorcle World" é o sinxelo en formato físico nº 43 (e o 44 en tódolos formatos) da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado ó mercado o 8 de abril do ano 2008 so o selo avex trax.
Información
A canción que dá título ó sinxelo é unha versión estendida da canción "Mirror", unha canción introdutoria de dous minutos de duración do seu noveno álbum en estudio, Guilty. O sinxelo foi lanzado exactamente dez anos despois do seu sinxelo debut con Avex, "Poker Face". O sinxelo inclúe dúas novas gravacións do seu segundo e quinto sinxelo, ambos os dous lanzados o ano 1998, "You" e "Depend on you", respectivamente.
242px|dereita|miniatura|Carteis promocionais de "Mirrorcle World" en Toquio, Xapón.
"Mirrorcle World" foi certificado como disco de platino polo RIAJ por distribuír máis de 250.000 copias no Xapón, sendo o primeiro sinxelo de Hamasaki dende "Blue Bird", que fora lanzado en 2006.
A versión CD+DVD de "Mirrorcle World", de acordo coas declaración de Avex, foi lanzada nunha "presentación especial limitada" que vén nunha caixa vertical. Tamén, as primeira edicións para a prensa do CD+DVD viñan cun póster da imaxe da portada. A versión dun único CD, porén, veu nunha edición normal. Spoinichi Annex revelou que a portada de Mirrorcle World incluiría un topless de Hamasaki, na liña das portadas do seu álbum e do seu sinxelo "LOVEppears" e "Appears", respectivamente, así e todo, se ben o pelo de Hamasaki cobre o seu busto como nos mencionados produtos, na portada de "Mirrorcle World" Hamasaki tapa os seus peitos co seu brazo.
O 9 de xaneiro, comezan a circular rumores de que Kamasaki voara a Venecia para gravar un comercial para Panasonic. O vindeiro día, o rumor confirmouse e o 22 de febreiro, Panasonic lanzou o comercial, utilizando "Mirrorcle World". Ademais de gravar o comercial para Panasonic, Hamasaki voou ata París onde rodou o videoclip para a canción. O devandito vídeo lanzouse oficialmente o 19 de marzo de 2008.
Lista de temas
Versión con "YOU"
# Título Duración 1. Mirrorcle World (Original Mix) 5:14 2. Life (Original Mix) 3:49 3. YOU (10th Anniversary Version) 4:47 4. Mirrorcle World (Instrumental) 5:16 5. Life (Instrumental) 3:49 6. YOU (10th Anniversary Version -Instrumental-) 4:43
Versión con "Depend on you"
# Título Duración 1. Mirrorcle World (Original Mix) 5:14 2. Life (Original Mix) 3:49 3. Depend on You (10th Anniversary Version) 4:41 4. Mirrorcle World (Instrumental) 5:16 5. Life (Instrumental) 3:49 6. Depend on You (10th Anniversary Version -Instrumental-) 4:38
Posición nas listas
Listas de Oricon
LanzamentoListaMáxima posiciónVendas na primeira semanaVendas totaisSemanas8 de abril de 2008Oricon Daily Singles Chart#18 de abril de 2008Oricon Weekly Singles Chart#1145,576193,016158 de abril de 2008Oricon Monthly Singles Chart#28 de abril de 2008Oricon Yearly Singles Chart#25 (o 17 de setembro de 2008)
Listas de vendas de Billboard Japan
LanzamentoListaMáxima posición8 de abril de 2008Billboard Japan Hot 100#28 de abril de 2008Billboard Japan Hot 100 Airplay-8 de abril de 2008Billboard Japan Hot Singles Sales#2
Listas de vendas dixitais
ListaMáxima posicióniTunes Japan Top Songs#3Recochoku Chaku-Uta#2Recochoku Chaku-Uta Melody#8Recochoku Chaku-Uta All#3Mu-mo Song Download Chart#1Dwango Truetone Ringtones (Chaku Uta)#2Dwango Polyphonic Ringtones (Chaku Mero)#4USEN#1
Outras listas
ListaMáxima posiciónWorld Top 100 Singles#41Tokio Hot 100Tokio Hot 100#35MTV Japanese Chart Express#3CDTV Top 100#1ZIP FM Hot 100 (Nagoya)#FM Osaka 851#31Toyama Countdown Top 50#23LastFM's Weekly Top TracksLastFM's Weekly Top Tracks#2
Notas
Categoría:Sinxelos de 2008