1978 (MCMLXXVIII) foi un ano común comezado en domingo segundo o calendario gregoriano.
Segundo o horóscopo chinés, 1978 foi o Ano do Cabalo.
Acontecementos miniatura|Luís Seoane en decembro de 1978 en Buenos Aires. En España, a maioría de idade pasa dos 21 aos 18 anos. A OMS declara oficialmente a erradicación das vexigas 4 de xaneiro - Créase o Consello Xeral do País Vasco, con Jesús María de Leizaola como primeiro lendacari. 16 de marzo - Decreto-Lei polo que se crea o réxime preautonómico de Galicia. 3 de maio - O responsable de mercadotecnia da sociedade informática estadounidense DEC (hoxe desaparecida) enviou un correo electrónico con publicidade a unhas 400 persoas. Nace así o spam, ou correo lixo"El 'spam', una peste que cumple 30 años en los ordenadores", en La Voz de Galicia, 3.05.2008.. 20 de maio - Lanzamento de Pioneer 12 (Pioneer Venus Orbiter) cara Venus. 11 de xuño - Créase o municipio de Ferrol, na provincia de Romblon, en Filipinas. 19 de xuño - Publícase a primeira tira cómica de Garfield. 8 de agosto - Lanzamento de Pioneer 13 cara Venus. 1 de decembro: publícase o primeiro número do Diario Oficial de Galicia. 6 de decembro - Aprobase a Constitución Española polo pobo español en referendo.
Nacementos 9 de xaneiro - Gennaro Gattuso, futbolista italiano. 7 de febreiro - Ivan Leko, futbolista croata. 25 de marzo - Orlando Quintana García, futbolista canario. 13 de abril - Carles Puyol, futbolista español. 3 de maio - Inma López Silva, escritora galega. 20 de xuño - Frank Lampard, futbolista británico. 20 de xuño - Julie Fowlis, cantante escocesa. 8 de xullo - Urmas Rooba, futbolista estoniano. 25 de xullo - Louise Joy Brown (Oldham, Gran Manchester,Inglaterra), primeira persoa que nace a partir dunha fecundación in vitro. 30 de xullo - primeira edición do Festival de Ortigueira. 23 de agosto - Kobe Bryant, xogador de baloncesto estadounidense. 1 de setembro - María Yáñez, xornalista, editora e guionista galega. 4 de setembro - Erhan Emre, actor alemán de orixe kurda.
Mortes 14 de xaneiro - Kurt Gödel, matemático alemán (n. 1906). 17 de xaneiro - Blas de Otero, poeta español. 24 de xaneiro - Alfredo Deaño, filósofo e lóxico galego. 11 de febreiro - Harry Martinson, escritor sueco, Premio Nobel de Literatura (n. 1904). 8 de marzo - Alfonso Pazos Cid, avogado e político galego. 19 de marzo - Gaston Julia, matemático francés (n. 1893) 21 de marzo - Cearbhall Ó Dálaigh, presidente de Irlanda (n. 1911) 7 de abril - Saturnino Cuíñas Lois, sacerdote católico, músico e folclorista galego. (n.1897). 9 de maio - Aldo Moro, ex-primeiro ministro de Italia (n. 1916) 14 de maio - Robert Menzies, primeiro ministro de Australia (n. 1894)
7 de xuño - Ronald George Wreyford Norrish, químico británico, Premio Nobel de Química (n. 1897) 20 de xuño - Mark Robson, director de cine canadense. 31 de xullo - Severino Chacón Bergueiro, sindicalista galego (n. 1884). 6 de agosto - Papa Paulo VI (n. 1897) 22 de agosto - Jomo Kenyatta, primeiro ministro e presidente de Kenya (n. 1894) 7 de setembro - Keith Moon, músico británico (The Who) (n. 1946)
8 de setembro - José Pardo Gayoso, médico e político galego (n. 1904) 10 de setembro - Ronnie Peterson, piloto sueco de Fórmula 1 (n. 1944)
15 de setembro - Willy Messerschmitt, enxeñeiro aeronáutico alemán (n. 1898) 26 de setembro - Manne Siegbahn, físico sueco, Premio Nobel de Física (n. 1886) 28 de setembro - Papa Xoán Paulo I (n. 1912) 17 de outubro - Giovanni Gronchi, político italiano. 19 de outubro - Ramón Mercader, asasino de Trotski. 20 de outubro - Francisco Luís Bernárdez, escritor e diplomático arxentino (n. 1900). 8 de novembro - Norman Rockwell, artista e ilustrador estadounidense (n. 1894) 15 de novembro - Margaret Mead, antropóloga estadounidense (n. 1901) 20 de novembro - Giorgio de Chirico, pintor italiano. 25 de novembro - Lorenzo Varela, escritor galego. 27 de novembro - Harvey Milk, activista estadounidense. 4 de decembro - Carlos Sobrino Buhigas, pintor galego. 8 de decembro - Golda Meir, primeira ministra de Israel (n. 1898) 11 de decembro - Vincent du Vigneaud, químico estadounidense, Premio Nobel de Química (n. 1901) 14 de decembro - Salvador de Madariaga, escritor e diplomático galego. 27 de decembro - Houari Boumédiènne, presidente de Alxeria (n. 1932)
Premios Nobel Física: Petr Kapitsa, Arno Allan Penzias e Robert Woodrow Wilson Química: Peter Mitchell Fisioloxía ou Medicina: Werner Arber, Daniel Nathans e Hamilton O. Smith Literatura: Isaac Bashevis Singer Paz: Anwar el-Sadat e Menachem Begin Economía: Herbert A. Simon
Medalla Fields Pierre René Deligne Charles Louis Fefferman Gregori Alexandrovitch Margulis Daniel G. Quillen
Premio Cervantes Dámaso Alonso
Día das Letras Galegas dedicado a: Antonio López Ferreiro
Notas
Outros
Historia ano a ano
Categoría:1978