Estigma é unha peza dramática galega, escrita por Jacobo Paz, Vanesa Martínez Sotelo e Rubén Ruibal (DramA3), coa coordinación de Dani Salgado. Foi estreada polo Centro Dramático Galego en 2008 con dirección do coordinador e representada por Xabier Deive, Xosé Manuel Esperante, Clara Gayo, Vicente de Souza e María Tasende Cotelo.
Trama A acción sitúase nunha illa case deserta na que, trala erupción dun volcán, unha muller investiga un masacre, dous irmáns enfrontan o destino que levan marcado na pel, unhas voces do pasado interfiren no presente dunha parella e, baixo a sombra duna figueira, aparece un descoñecido.
Véxase tamén Ligazóns externas Dossier na páxina web do CDG.
Categoría:Obras de teatro en galego Categoría:Obras literarias de 2008