O hipopótamo anano (nome científico: Choeropsis liberiensis, do grego khoiros, ‘porco’; e opsis, ‘parecido a’; e liberiensis, ‘relativo a Liberia’) é unha especie de mamífero da familia Hippopotamidae, nativo das selvas e os pantanos da África Occidental. É unha das dúas especies viventes da familia dos hipopótamos. E é a única especie actual do xénero Choeropsis.

Ao contrario do Hippopotamus amphibius, é unha especie máis adaptada ao ambiente terrestre, motivo polo cal presenta diversas características morfolóxicas distinguidas, e máis relacionadas cos hábitats forestais nos que vive. Debido aos hábitos furtivos e nocturnos, pouco se coñece sobre o comportamento social, reprodutivo e alimentario deste hipopótamo.

É unha especie ameazada de extinción, sendo considerada en perigo pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN). A súa área de distribución diminuíu drasticamente nos últimos 30 anos, principalmente pola deforestación, que fragmentou as poboacións. A guerra civil na rexión tamén influenciou negativamente as poboacións de hipopótamos, principalmente en Liberia.

Coñécense dúas subespecies, cuxas poboacións están separadas por preto de 1.800 quilómetros, polo Corredor de Daomé. A subespecie nixeriana atópase posiblemente extinta, sendo rexistrada soamente por algúns cranios recollidos na década de 1940, polo explorador colonial inglés Ian Robert Penicuick Heslop.

Distribución e hábitat O hipopótamo anano é endémico da África Occidental, sendo rexistrado na Serra Leoa, Guinea, Costa do Marfil, Liberia e NixeriaGRUBB, P. Order Artiodactyla. In: WILSON, D. E.; REEDER, D. M. (Eds.). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference. 3. ed. Baltimore: Johns Hopkins University Press, 2005. v. 1, p. 637-722.. Un rexistro do río Corubal en Guinea-Bissau feito por Cristino (1958), que mantivo que era un individuo, é case certamente un espécime novo de hipopótamo comúnLEWISON, R.; OLIVER, W. 2008. Choeropsis liberiensis. 2008 IUCN Red List of Threatened Species. Acceso do 12 de febreiro de 2022.. É unha especie forestal, preferindo as matas densas achegadas a cursos de auga. Pero tamén pode ser atopado en matas ciliares que se estenden aos bosques transicionais e ao sur da sabana de Guinea.

A área orixinal de distribución do hipopótamo anano non difire significativamente da actual, malia que as poboacións se teñan fragmentado e desaparecido dalgunhas rexións. As maiores poboacións da especie atópanse en Liberia, onde se rexistra nos condados de Grand Cape Mount, Lofa, Grand Bassa, Nimba, Grand Gedeh, Sinoe, Grand Kru e Maryland. As poboacións están dispersas en diversas áreas forestais no interior do país, como o Parque Nacional de Sapo, Selva de Cestos-Senkwehn, Selva Nacional Krahn-Bassa, Selva Nacional Gbi, Selva Nacional Grebo e en diversas áreas no condado de Grand Kru. Non hai informacións sobre as poboacións do noroeste do país, que pode abrigar un substancial número de hipopótamos. Estudos sobre esas poboacións foron complicados por mor dos conflitos civís no país, tales como a Primeira e a Segunda Guerra Civil de Liberia.

miniatura|190px|esquerda|Illa Tiwai, na Serra Leoa, onde pode ser atopada unha pequena poboación de hipopótamos ananos.

Na Serra Leoa, poboacións remanentes poden ser atopadas na rexión da Selva de Gola na fronteira con Liberia, na illa Tiwai, localizada no río Moa e nas Montañas Loma. Outras poboacións reportadas na década de 60 están agora probabelmente extintas.

Guinea contén fragmentos de poboación de hipopótamos ananos ao longo das fronteiras con Liberia e Costa do Marfil, na Reserva de Ziama. Algunhas evidencias tamén suxiren unha poboación pequena na Reserva Forestal Diécké, ao suroeste de Ziama. A selva Déré, onde se coñecía a existencia de animais, atópase actualmente degradada e con moitas áreas convertidas para a agriculturaMATSUZAWA, T. Chimpanzees of Bossou e Nimba. Other Sites: Déré (Guinea) . Acceso de 27 de outubro de 2008..

Costa do Marfil, perdeu gran parte da súa cobertura forestal, e a poboación de hipopótamos fíxose fragmentaria, e pode ser atopada principalmente na fronteira con Liberia na rexión de Fresco, no Parque Nacional de Taï e posiblemente na Reserva Forestal Cavally, Reserva Natural do Monte Nimba, Reserva Forestal N'Zo, Selva Taipleu, Lagoa Tatigbo e ao longo dos ríos Gagbe, Bolo e Niouniourou.

En Nixeria, os hipopótamos ananos son coñecidos do Delta do Níxer ata as proximidades do río Cross. Esa poboación está illada en máis de 1.800 quilómetros ó leste, da outra poboación, do outro lado do Corredor de Daomé.

Características

Ficha técnica NOVAK, R. M. Walker’s Mammals of the World. Baltimore: Johns Hopkins University Press, 1999.HUFFMAN, B. Hexaprotodon liberiensis. Ultimate Ungulate (v. 22-04-2004). Acceso 13 de outubro de 2008 Altura75 – 83 cm Lonxitude150 – 177 cm Cola15 cm Peso180 – 275 kg Tamaño de niñada1 Desteta6 - 8 meses Madurez sexual4 - 5 anos Xestación192 - 210 días Lonxevidade43 anos (en cativerio)

miniatura|dereita|200px|Hipopótamo anano no Zoolóxico Louisvile, detalle para a anatomía facial. miniatura|esquerda|200px|Cranio dun hipopótamo anano.

O hipopótamo anano só ten a metade da altura e pesa menos da cuarta parte que o seu curmán o Hippopotamus amphibius. O corpo case non posúe cabelos, con excepción dalgunhas serdas nos beizos e no rabo. A súa coloración é negro-esverdeada no dorso, e cincenta nos flancos, e o ventre varía de cinza-claro ao verde-amarelado. Os machos tenden a ser lixeiramente maiores que as femiasSCHIMDT, C. R. Hexaprotodon liberiensis. Appendix II. CITIES, 1986..

Os hipopótamos ananos comparten o mesmo formato xeral dos hipopótamos: un esqueleto graviportal con catro pernas curtas apoiando unha armazón corpulenta, e superficialmente parecen miniaturas dos outros hipopótamos, pero hai diferenzas estruturais notábeis entre eles. A cabeza é proporcionalmente máis pequena e arredondada e non tan ancha ou achatada, e os ollos son menos protuberantes e están localizados lateralmente na cabeza. As narinas son anchas e case circulares, e os dedos están ben separados e con garras afiadas. Os membros e o pescozo son relativamente máis longos e o dorso está inclinado cara a adiante no canto de ser paralelo ao chan, como no Hippopotamus amphibius. Moitas desas adaptacións están relacionadas aos hábitos máis "terrestres" dos hipopótamos ananos. Ademais, o xénero Choeropsis xeralmente ten un único par de incisivos inferiores, a diferenza do Hippopotamus amphibius que ten dous ou tres pares. A fórmula dentaria é: (I2/1, C1/1, P3/3, M3/3) x 2 = 34GRZIMEK, B.; SCHLAGER, N.; OLENDORF, D. Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale, 2003.. As femias posúen un par de mamas.

A súa pel é moi semellante á dos outros hipopótamos, e presentan a mesma suor excepcional, que dá unha cor rosada ao corpo, e que moitas veces é descrita como "suor de sangue", aínda que a substancia segregada non sexa nin suor nin sangue. Crese que a substancia, altamente alcalina, ten función antiséptica e de protección contra os raios solares, visto que a pel do hipopótamo reseca e racha doadamente á exposición solar.

Hábitos miniatura|200px|Hipopótamo anano descansando na auga, Zoolóxico de Aalborg. A maior parte do seu comportamento é semellante ao do tapir, aínda que isto sexa un efecto da evolución converxenteROBINSON, P. T. River Horses and Water Cows . Hippo Specialist Group of the World Conservation Union . Acceso 30 de julho de 2007.. O comportamento do hipopótamo anano diferénciase do hipopótamo común de moitos modos. Mentres o hipopótamo común é gregario, o anano vive solitario ou en pequenos grupos, tipicamente en parella ou unha femia e a súa cría.

O hipopótamo anano é un animal nocturno, pasando os días descansando nos remansos, pozas de lama e ríos. Algúns poden utilizar cavidades ou túneles escavados por outros animais ao longo das beiras dos ríos. Ao anoitecer sae da auga, e utiliza os seus camiños abertos na densa selva para buscar alimento. Estes camiños márcanse a través das feces, que son esparexidas por movementos vigorosos do rabo, e polo acto de esfregar o corpo nos troncos. Ese acto de marcar os camiños implica que o hipopótamo anano pode ser, polo menos, parcialmente territorial. Estudos de campo estimaron que os machos teñen un territorio de 1,85 km², mentres que o da femia é de 0,4 a 0,6 km².

Debido aos seus hábitos furtivos, o hipopótamo anano raramente é visto pola poboación local. Os efectos dos predadores na poboación da especie son descoñecidos, sendo o leopardo o único predador natural capaz de atacar o hipopótamo.

Hábitos alimenticios e dieta Os hipopótamos ananos son estritamente herbívoros, alimentándose principalmente de brotes, dicotiledóneas e froitos que atopan no chan da selva. Eles non comen a vexetación acuática e raramente se alimentan de gramíneas, visto que estas dificilmente medran en bosques densos.

Así, coma o seu curmán, o hipopótamo anano aliméntase durante o crepúsculo e a noite, seguindo camiños abertos na selva densa, onde pasa aproximadamente seis horas forraxeando.

Reprodución miniatura|dereita|200px|Cría de hipopótamo anano, xunto a nai, no Zoolóxico de Jihlava, República Checa. Nunca se fixo un estudo do comportamento reprodutivo na natureza; as condicións artificiais do cativerio poden ser diferentes do comportamento en condicións naturais.

O período de xestación para os hipopótamos ananos é de aproximadamente 6,5 meses, pero non hai informacións sobre unha estación de procreación para a poboación salvaxe. Xeralmente só se concibe unha cría, pesando entre 3,4 a 6,4 quilogramos; os machos xeralmente nacen máis pesados. O nacemento de xemelgos é raro, e a incidencia é de aproximadamente un de cada 200 partos. O parto pode ocorrer en calquera época do ano.

O parto ocorre en terra firme, e non hai evidencias, nos animais en cativerio, canto a construción dun niño. A desteta ocorre entre seis e oito meses de idade. A madurez sexual ocorre entre 4 e 5 anos de idade. Con todo, no zoolóxico de Basilea, en Suíza, foi rexistrado unha femia que pariu con tres anos e tres meses de idade.

O ciclo estral dura 28 días de media, cunha duración do estro de dous a tres días. Os hipopótamos ananos asócianse en parellas no período de celo, pero a duración dese período é descoñecida. A cópula pode ocorrer en terra ou na auga, e a parella únese dunha a catro veces durante o período do estro.

Clasificación O hipopótamo anano foi inicialmente descrito por Samuel George Morton (1849) como Hippopotamus liberiensis. En 1853, Joseph Leidy describiu o xénero Choeropsis incluíndo a especie liberiensis. Coryndon (1977), baseándose na morfoloxía da área lacrimal, bautizouno co sinónimo Hexaprotodon, xénero de hipopótamos extintos nativos principalmente de AsiaCORYNDON, S. C. (1977). The taxonomy and nomenclature of the Hippopotamidae (Mammalia, Artiodactyla) and a description of two new fossil species. Proceedings of the Koninklijke Nederlandse Akademie van Wetenschappen 80 (2): 61-88., malia as diferenzas no número de dentes entre as especies. Moitos autores, entre eles, Peter Grubb (1993; 2005) e Oliver (1995OLIVER, W. L. R. (1995). Taxonomy and Conservation Status of the Suiformes — an Overview. IBEX Journal of Mountain Ecology 3: 3-5.), seguiron as conclusións de Coryndon. Con todo, Boisserie (2005), despois do exame completo da filoxenia da familia Hippopotamidae, constatou que o hipopótamo anano pertencía a un xénero propio, restituíndoo ao ChoeropsisBOISSERIE, J-R. (2005). The phylogeny and taxonomy of Hippopotamidae (Mammalia: Artiodactyla): a review based on morphology and cladistic analysis. Zoological Journal of the Linnean Society 143: 1-26.. Malia os cambios na nomenclatura, o hipopótamo anano é a única especie actual do seu xénero.