Xoán González Millán, nado no Grove o 22 de xuño de 1951 e finado en Lexington (estado de Nova York) o 23 de novembro de 2002, foi un estudoso e crítico literario galego, especialista en Álvaro Cunqueiro.

Traxectoria profesional Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e posteriormente Antropoloxía na de Comillas. En 1987 doutorouse pola Universidade da Cidade de Nova York , cunha tese sobre Álvaro Cunqueiro, escritor sobre o que redactaría a maior parte da súa obra como crítico. Conseguiu praza de profesor de literaturas hispánicas e lusobrasileiras no Hunter College da Universidade de Nova York, e coordinou o Centro de Estudos Galegos desa entidade, o primeiro en abrirse nos Estados Unidos de América.

Colaborou en distintas revistas de cultura e crítica literaria, como Grial, A Trabe de Ouro ou A Nosa Terra. Entre 1993 e 2000 foi ademais director do Anuario de Estudos Literarios Galegos.

Tamén foi presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG).

Obra en galego Ensaio Álvaro Cunqueiro e «Merlín e familia» (1991), Editorial Galaxia. Álvaro Cunqueiro: os artificios da fabulación (1991), Galaxia. Silencio, parodia e subversión: cinco ensaios sobre narrativa galega contemporánea (1991), Xerais. Literatura e sociedade en Galicia (1975-1990) (1994), Xerais. Fantasía e desintegración na narrativa de Álvaro Cunqueiro (1996), Fundación Alfredo Brañas. A narrativa galega actual (1975-1984) (1996), Xerais. Resistencia cultural e diferencia histórica (2000), Sotelo Blanco Edicións. O diccionario enciclopédico de Eladio Rodríguez, (2001), Xerais.

Obras colectivas Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003), Consello da Cultura Galega.

Obra en castelán Ensaio Proceso textual y desintegración narrativa en la novelística de Álvaro Cunqueiro, (1988), Universidade de Míchigan.

Obra en francés Obras colectivas Communication littéraire et culture en Galice, a canda Antón Figueroa Lorenzana, edicións L'Harmattan, Francia e o Canadá 1997, ISBN 2-7384-5286-8

Galardóns En 2004 nomeárono fillo predilecto do Grove a título póstumo.

Vida persoal Faleceu como consecuencia dun accidente de tráfico sufrido o 22 de novembro, en Lexington, no parque natural de Catskill, onde tamén morreu a súa muller, Esperanza Caneda.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

A revista Grial no nº 236 (2022) inclúe estudos sobre González Millán: Alex Alonso Nogueira: "Xoán González-Millán, obra aberta, vinte anos despois". Alex Alonso Nogueira: "Xoán González-Millán e o esgotamento da literatura galega". Dolores Vilavedra: "González-Millán e a renovación dos Estudos literarios galegos". María do Cebreiro Rábade Villar: "O valor monumental dos documentos. A hipótese da biblioteca do imaxinario nacional no pensamento de Xoán González-Millán". Danny Barreto: "As derradeiras leccións do profesor".

Outros artigos Asociación Internacional de Estudos Galegos Ligazóns externas Biobibliografía de Xoán González Millán Universidade de Santiago de Compostela. Premio ensaio 2001 Premios da Crítica Galicia

na Biblioteca Virtual Galega.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Críticos literarios de Galicia Categoría:Nados no Grove Categoría:Nados en 1951 Categoría:Finados en 2002 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Finados en accidente de tráfico Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia Comillas