O Morne Seychellois é un cumio das illas Seychelles, no océano Índico, cunha altitude sobre o nivel do mar de 905 m.
Situación O pico está situado no nordeste da illa de Mahé, a principal do arquipélago, ao sur da cidade de Victoria, a capital do país. O pico é visíbel desde ela.
Protección ambiental Recuberto de bosque tropical, o monte está comprendido, desde 1979, no maior parque nacional terrestre das Seychelles, que abrangue unha área total de 3.045 ha.
Ligazóns externas Foto do Morne Seychellois
Morne Seychellois