Santa María das Paradellas é unha parroquia do concello ourensán de Parada de Sil na comarca da Terra de Caldelas. Segundo o IGE, en 2023 tiña 15 habitantes (8 homes e 7 mulleres).

Historia En 1842, segundo Pascual Madozhttp://www.bibliotecavirtualdeandalucia.es/catalogo/consulta/registro.cmd?id=6353 Tomo XII Páx. 685 estaba dividida entre as parroquias de Caxide e Hedrada. Nese momento vivían 107 persoas no conxunto das dúas aldeas, das que 23 tiñan a condición de veciños.

Xeografía Situación Sitúase ao sur do concello. Linda polo norte coa parroquia de Santa Cristina de Caxide e a capital do concello. Polo leste limita coa parroquia da Hedrada. Ao sur fai fronteira coa parroquia das Chás, no veciño municipio de Montederramo. Polo oeste dá co concello de Xunqueira de Espadanedo e tamén coa parroquia das Chás.

Dista 8 quilómetros da capital do concello e 20 da capital da comarca, O Castro de Caldelas.

Demografía Xa se ve que ata o século XX, a zona estaba bastante máis poboada do que agora. No 2000, vivían nas Paradellas 46 persoas (23 homes e 23 mulleres). Dende entón, a crise demográfica continúa debido á emigración e ao envellecemento dos veciños.

Lugares e parroquias Lugares das Paradellas

Parroquias de Parada de Sil

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Parada de Sil

Categoría:Parroquias de Parada de Sil Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María