Santa Eufemia de Milmanda é unha parroquia do concello ourensán de Celanova na comarca da Terra de Celanova. No ano 2007 tiña 177 habitantes (83 homes e 94 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 27 habitantes en relación ao ano 2000.
Historia Milmanda recibiu en 1199 a primeira carta foral outorgada a unha poboación reguenga en Galicia. O topónimo Milmanda foi outorgado por Afonso IX nesa carta e correspóndese con topónimos franceses como Mirmande e Marmande.
Pertenceu ao concello de Acevedo do Río que en 1968 incorporouse a Celanova.
Lugares e parroquias Lugares de Milmanda
Parroquias de Celanova
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Celanova
Categoría:Parroquias de Celanova Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Eufemia Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía