"Analogue (All I Want)" é o terceiro sinxelo, primeiro no Reino Unido, do oitavo álbum de estudio de a-ha, Analogue. Foi lanzado en Alemaña o 30 de decembro de 2005, no Reino Unido o 23 de xaneiro de 2006 e en Noruega o 30 de xaneiro de 2006.

Rebautizada con este nome no sinxelo, a canción é a cuarta pista do álbum titulada simplemente Analogue. O cambio de título debese a que a estrofa na que aparece a palabra foi eliminada da versión do álbum (e do sinxelo) e que as tres primeiras palabras do erefrán son "All I Want". A canción ía ser titulada nun principio como "Minor Key Sonata" e ía presentar un refrán e letras diferentes (nesta versión si figuraba na letra a palabra "analogue"). Non obstante optouse como canción definitiva a versión que aparece no álbum e no sinxelo, pero lonxe de desaparecer, a primeira versión foi incluída no sinxelo. Ademais, o sinxelotamén inclúe o tema "Case Closed On Silver Shore".

Lista de temas

Single 7"

# Título 1. Analogue (All I Want) [Álbum Version] 2. Case Closed On Silver Shore

CD Single (Reino Unido)

# Título 1. Analogue (All I Want) [Álbum Version] 2. Case Closed On Silver Shore

CD Single (versión limitada para o Reino Unido)

# Título 1. Analogue (All I Want) (Álbum Version) 2. Minor Key Sonata (Analogue) 3. Keeper Of The Flame (Live at Frognerparken) 4. Analogue (All I Want)

CD Single (Noruega)

# Título 1. Analogue (All I Want) (Álbum Version) 2. Minor Key Sonata (Analogue)

CD Single (Versión limitada de Noruega e Alemaña)

# Título 1. Analogue (All I Want) (Álbum Version) 2. Minor Key Sonata (Analogue) 3. Analogue (All I Want) (Live at Frognerparken) 4. Analogue (All I Want) (Instrumental Version) 5. Case Closed On Silver Shore * a-ha desktop player (incl. vídeo)

Véxase tamén Ligazóns externas Videoclip en Youtube

Categoría:Sinxelos de 2005