Santa María de Toén é unha parroquia do concello ourensán de Toén na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 476 habitantes (228 homes e 248 mulleres), tres menos ca en 2000. Ten nove entidades de poboación.

Patrimonio

A igrexa parroquial é un templo de orixe románica, se ben na actualidade quedan poucos restos dese estilo. A portada é renacentista, destacando a porta de acceso adintelada e unha soa torre no lateral dereito. Está formada por unha nave de planta rectangular, co presbiterio máis elevado e a sancristía acaroada a este na súa parte dianteira.

Lugares e parroquias Lugares de Toén

Parroquias de Toén

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Toén

Categoría:Parroquias de Toén Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María