O nervio vago, X par cranial ou nervio pneumogástrico, é un dos doce pares craniais.
Orixe aparente e traxecto Orixínase no bulbo raquídeo e atravesa o burato xugular do occipital. Descende polo pescozo xunto coa arteria carótide interna na parte superior e coa arteria carótide común na parte inferior; e coa vea xugular interna, constituíndo o paquete vasculo-nervioso do pescozo. Este paquete viaxa cuberto pola parte fonda do músculo esternocleidomastoideo. Acompaña á carótide ata o arco aórtico. Sérvese da aorta e chega ás vísceras torácicas e abdominais, agás a parte final do intestino groso.
Orixe real do X par Tres núcleos do troncoencéfalo asociados: Núcleo motor dorsal do vago Núcleo do tracto solitario Núcleo ambiguo
Ramos principais do nervio vago (X) Nervio auricular Rama farínxea Nervio larínxeo superior Plexo cardíaco Nervio recorrente larínxeo Ramos para o plexo pulmonar Plexo esofáxico
Innervación torácica e visceral Xunto coa aorta e outros vasos chega a: Corazón, sinaptando co plexo coronario. Traquea e o músculo liso bronquial Esófago Estómago Intestino delgado e case todo o groso Glándulas suprarrenais
Innervación de musculatura lisa Músculo crico-tiroide Elevador da úvula Músculo palatogloso Constritores da farinxe Músculos superiores la larinxe
Funcións do vago Sensitiva: recolle a sensibilidade do terzo posterior da lingua e parte superior da farinxe Sensitiva: recolle información da trompa de Eustaquio e do oído medio Motora: move os músculos anteriormente enunciados Motora: produce descenso do ritmo cardíaco. Apenas inflúe na forza de contracción coronaria Mixta: acción sobre as vísceras abdominais: movementos das mesmas, regulación da liberación de diversas substancias, tales como a propia insulina, a colecistoquinina ou secretina. É unha acción mediada por acetilcolina.
Categoría:Pares craniais