Louis Aragon, nado probablemente en Neuilly-sur-Seine o 22 de outubro de 1897Non existen datos do rexistro civil desa época; porén, unha acta de bautismo do 3 de novembro de 1897 consignada no rexistro de Neuilly-sur-Seine, onde vivía algún dos seus parentes. Esta acta menciona «Louis, Marie, Alfred, Antoine, né à Madrir le 1er septembre 1897 de Jean Aragon et de Blanche Moulin». e finado en París o 24 de decembro de 1982, foi un poeta e novelista francés.

Traxectoria Despois de participar no dadaísmo e no movemento surrealista con André Breton e Philippe Soupault, ingresa no Partido Comunista Francés, ao que se mantén fiel ata a fin da súa vida, aínda que sempre manifestando as súas críticas. A súa poesía, tradicional nos seus temas e formas, inspírase no amor á súa dona, Elsa Triolet, que coñecera en 1928. A súa obra narrativa é máis anovadora. Partidario da resistencia contra o nazismo durante a segunda guerra mundial.

Obras Anicet ou le panorama, 1921 Les Aventures de Télémaque, 1922 Le Libertinage, 1924 Le Paysan de Paris, 1926 La Défense de l'infini, 1986 Les Aventures de Jean-Foutre La Bite, 1986 Les Cloches de Bâle, 1934 Les Beaux Quartiers, 1936 Les Voyageurs de l'Impériale, 1942 Aurélien, 1944 Servitude et Grandeur des Français. Scènes des années terribles, 1945 Les Communistes, 1949-1951 La Semaine Sainte, 1958 La Mise à mort, 1965 Blanche ou l'oubli, 1967 Théâtre/Roman, 1974 Le Mentir-vrai, 1980

Notas

Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Premio Lenin da Paz Categoría:Novelistas de Francia Categoría:Poetas de Francia