Xosé Manuel Cendón Docampo, coñecido como Xosé Cendón, nado en Venezuela en 1974, é un fotógrafo e xornalista galego.

Traxectoria Fillo de emigrantes en Venezuela, marchou con tres anos para Santiago de Compostela. Alí criouse e estudou económicas durante catro anos na Universidade de Santiago de Compostela, ata que marchou estudar xornalismo e cine a Madrid. En 2002 comeza a traballar como fotógrafo freelance en distintos países do mundo, como Colombia, Israel, Venezuela e Palestina, e tamén para a axencia española Cover. En 2004 pasa a traballar para Associated Press e logo para a axencia de noticias francesa France Press, coa que se especializou en África. Traballou en Darfur e na rexión dos Grandes Lagos.

Cunha serie de fotografías sobre hospitais psiquiátricos en Burundi, Ruanda e a República Democrática do Congo, titulada Fear in the Great Lakes gañou o World Press Photo "No me atraen los sitios que marchan bien", El País, 4/3/2007 e mais un dos Pictures of the Year en 2007. Cubriu para a súa axencia os acontecementos do Corno de África en 2008. Precisamente en Bosaso, na rexión de Puntlandia, foi secuestradoUno de los periodistas secuestrados en Somalia es el fotografo español José Cendón, RTVE, 26/11/2008 o 26 de novembro de 2008, na estrada ao aeroporto, cando realizaba unha reportaxe sobre pirataría na costa oriental africana. Canda el foi secuestrado un xornalista británico, Colin Freeman, pois ambos os dous traballaban nunha reportaxe para o Daily Telegraph. Os secuestradores foron os gardacostas que contrataranJosé Cendón: "Pégame un tiro, le dije gesticulando enfurecido" , La Vanguardia, 11/01/2009. Foi liberado o 4 de xaneiro de 2009Xosé Cendón, liberado, Vieiros, 4/1/09.

Premios 2007, mención de honra no premio Leica Oskar Barnack. 2007, primeiro premio no World Press Photo. 2007, primeiro premio no Pictures of the Year.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Fotoxornalismo Ligazóns externas As fotografías coas que gañou o World Press Photo.

Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Galegos de Venezuela Categoría:Premios Ortega y Gasset Categoría:Alumnos da Universidade Carlos III de Madrid Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela