Manuel Blanco Romasanta, nado no Regueiro (Santa Olaia de Esgos, Esgos, Ourense) o 18 de novembro de 1809 e finado en Ceuta o 14 de decembro de 1863, foi o primeiro asasino en serie galego documentado, coñecido co alcume do lobishome de Allariz, ou o do unto. Cando o detiveron en 1853, Romasanta admitiu que cometera trece asasinatos, mais argüíu non ter responsabilidade porque o fixera baixo os efectos dunha maldición que o convertía nun lobo, recuperando a forma humana tralos asasinatos. Malia que esta súa defensa foi rexeitada no xuízo, a Raíña Isabel II conmutou a sentenza de morte pola de cadea perpetua para permitirlles ós doutores investigalo como un exemplo de licantropía clínica, se ben non consta que ningún médico o examinase con tal fin.
O proceso xudicial tivo ampla repercusión na época e recolleuse en diferentes periódicos galegos, nacionais e estranxeiros. A causa consérvase no Arquivo do Reino de Galicia e está formada por 1878 folios. Foi dixitalizada polos irmáns Castro Vicente e existe unha Reseña da causa publicada polo seu avogado defensor Manuel Rúa Figueroa en 1859.Reseña de la causa formada en el juzgado de 1ª instancia de Allariz, distrito de La Coruña, contra Manuel Blanco Romasanta, el Hombre Lobo, por varios asesinatos. Ordenada y publicada por R. F.".
Traxectoria Manuel Blanco era fillo de Miguel Blanco e María Romasanta. Tivo, cando menos, tres irmáns: Bernarda, a irmá máis vella, e dous irmáns máis novos: Xosé e Antón.Xosé encargaría unha misa de defuntos na honra de Manuel na parroquia de Santa Olaia con motivo do cabodano da súa morte, o 16 de decembro de 1864. O párroco fixo a correspondente anotación no libro de defuntos da parroquia e este dato confirmou -en 2012- o lugar e data da morte de Manuel. Foi inscrito no libro de nacementos como nena, baixo o nome de Manuela, sen que o exame do texto escrito polo párroco de Santa Olaia de Esgos permita supoñer un erro na inscrición.Nin ningunha manipulación posterior coa idea de afastar da historia da parroquia o nome dun asasino.
Na inscrición da confirmación, o 26 de abril de 1825, ós 15 anos, xa consta como neno, co nome de Manuel."Manuel, Xosé e Antón, fillos de Miguel Blanco" (Mariño Ferro, 17). Nin no libro de bautizados nin na lista de nenos confirmados consta ningunha corrección nin explicación deste cambio de sexo que tivo que producirse durante a infancia ou na primeira adolescencia, que só se explicaría no caso de sufrir hermafroditismo feminino, con masculinización na puberdade ó aumentar a produción de andróxenos.E dando por feito que o paso de nena a neno xa era coñecido polo párroco, o mesmo que a bautizou e logo o confirmou, e non consideraría necesario consignalo. Foi nesta época cando debeu aprender a coser, fiar, calcetar e realizar labores tradicionalmente consideradas femininas, e cabe supoñer que esta transformación de nena a neno tivo que resultarlle traumática. Cando foi examinado polos médicos en Allariz, tras ser detido, non se fai ningunha mención no seu informe á súa orientación sexual nin a que examinasen os seus xenitais.Mariño Ferro escribe que no informe que subscriben, as conclusións son o resultado fiel do exame realizado "e de revelacións e confidencias que sorprenderon no recoñecido, que como tales non lles é lícito por agora desvelar" (px. 98), de onde se deduce que sabían algo máis do que consta no informe. Tampouco se fai ningunha mención en todo o proceso xudicial a posibles ataques sexuais ás súas vítimas antes de matalas.
Manuel era quen de ler e escribir, algo moi raro na época, o que permite supor que pertencía a unha familia relativamente adiñeirada. Segundo diversas contas, era baixo de estatura, medindo sobre 1,37 m de altura.No informe dos médicos que o examinaron dan unha altura de "cinco pés menos unha polgada de talla". O pé castelán medía 27,8 cm e a polgada castelá, 2,32 cm. As descricións que se fixeron del durante o xuízo coinciden, ademais, nas súas formas efeminadas, o que lle valeu o alcume de O Canicha.Probablemente, derivado de cona, vulva. Son moitos os insultos que se aplican en galego a homes con actitudes efeminadas: cazoleiro, cazolas, cullereiro, mandileiro, lareiro, cricas, criqueiro, lambecricas (de crica, outro dos nomes da cona). Cómpre ter presente a consideración negativa que o refraneiro ten dos xastres: Sete xastres fan un home, catorce fan un testigo, para botar unha firma fanche falla veintecinco () e en xeral dos homes que se saen do rol masculino tópico: "Home que fía, muller que asubía e galiña que canta coma o galo, malo, malo, malo". Pero tamén coincidían en que era unha persoa amable, servizal, relixiosa,Amigo dos curas, dicían del, que rezaba o rosario con frecuencia. que daba esmolas a pobres e axudaba os enfermos, razoable e que nunca manifestase síntomas de demencia nin comportamentos violentos, nin sequera se lle escoitase unha mala expresión; incluso aseguraban que era incapaz de matar un animal para comer.Ofrecíase para cociñar a carne, pero en ningún caso para matar a res. É de comprender que, ó telo en tan boa consideración, houbese reticencias contra os rumores que correran contra el, por veces rexeitados coa consella de non botar a lingua a pacer.
Dedicábase na aldea ós labores agrícolas habituais, co pai e os irmáns: traballar a terra e na colleita e coidar o gando, e chegou incluso a casar, en 1831, con Francisca Gómez Vázquez. Asegúrase, non obstante, que o mesmo día da voda marchou a algunha viaxe de traballo, sen chegar a consumar o matrimonio.Mariño Ferro, px. 18. Xa nese momento alternaba os traballos agrícolas coa venda ambulante.
Foi xastre de profesión, ademais de labrego, cordeiro, criado, pastor e outros oficios temporais, pero a súa vida cambiou radicalmente cando quedou viúvo en 1834, sen fillos. Nunca volveu casar aínda que falou de matrimonio con varias mulleres e sábese que mantivo varias relacións sentimentais.Mesmo parece ser que en 1843 escribira ó pai que ía casar cunha tal Catalina, en Pardavé, ó norte de León. A partir dese intre, Romasanta dedicouse fundamentalmente á venda ambulante, primeiro pola comarca de Maceda e máis tarde polo leste de Galicia entrando incluso na provincia de León. Por cousa deste traballo era coñecido como O Tendeiro.
Actividade criminal Posibles antecedentes O primeiro delito que se lle apuxo foi a morte, xa en 1834, dun tal Antonio o frade, antigo criado do prior de San Pedro de Rocas (tamén do concello de Esgos). No xuízo admitiu que o coñecera cando vendía panos por León e Asturias, pero negou ter ningunha relación coa súa morte; en todo caso tampouco había ningunha evidencia que o incriminase.
Neste mesmo ano de 1834 Romasanta fíxolle un pantalón a un tal Manuel Ferreiro,Veciño de Xinzo da Costa, un lugar de Vilardecás (Maceda)., con quen marchou a Chaves (Portugal). Nunca máis se soubo deste Ferreiro e, cando o Canicha foi acusado das mortes das irmás García Blanco, a familia de Manuel Ferreiro denunciouno como culpable da súa morte. Pero transcorreran case 20 anos da desaparición e a denuncia non prosperou: Romasanta admitiu coñecelo e andar con el polo norte de Portugal, ata que el regresou a Galicia e o Ferreiro quedou vendendo por alá. Negou que o matara e o certo era que nin sequera había constancia de que estivese morto.
Case dez anos despois (en 1843), anos durante os que non se sabe nada do que fixera nin onde podía estar, denunciouno un comerciante de León a quen deixara a deber 600 reais, e un alguacil, Vicente Fernández, saíu na súa busca para embargarlle toda a súa mercadoría.Os alguacís eran empregados da administración de xustiza que executaba as ordes dun tribunal. Romasanta declarou que lle pagara a débeda, que recuperara a mercadoría e mostrou un recibo asinado polo alguacil, pero o 25 de agosto atopouse o cadáver de Vicente cerca de Pardavé, sen diñeiro, sen a capa que levaba ó saír e sen o seu reloxo de prata. Non había probas de que o matase Romasanta aínda que unha taberneira declarou que ese mesmo día lle chegara á taberna un home, galego, coa camisa manchada de sangue, pero tampouco puido identificar a Romasanta.
Aínda así, foi xulgado en rebeldía en Ponferrada e condenado a dez anos de cadea. Romasanta non puido ser localizado porque fuxira a Galicia para instalarse en Rebordechau (Vilar de Barrio). No xuízo declarou que non matou o alguacil senón que o deixou en compañía dun tal Xosé Vilarello, veciño do Castro de Caldelas, a quen tamén lle esixía o pago dunha débeda. Tampouco se puido identificar nin localizar a este Xosé Vilarello.
Os asasinatos en serie Romasanta non podía regresar á súa aldea por medo a que o localizasen alí (sabíase perseguido pola xustiza de León) e quedou varios meses -entre finais de 1843 e principios de 1844- gardando o gando nas montañas de Rebordechau. Instálouse na casa de Andrés Blanco como xornaleiro, oficio que compaxinaba coa compra e venda de roupa e panos de Portugal, a onde seguía indo de cando en vez para vender nas aldeas da contorna.
miniatura|Unha casa en Soutelo Verde, un lugar do Castro de Laza (Laza, Ourense).
En 1845 coñeceu a Manuela García Blanco, a súa segunda vítima acreditada, e non tardou en comezar unha relación con ela. Era máis vella ca el, natural do Castro de Laza, do concello de Laza, pero que foi vivir a Rebordechau tras casar; tiña unha filla de solteira, Petronila (ou Petra). Ela abandonou o seu home e dedicábase con Manuel á venda ambulante de panos e quincalla polas parroquias veciñas, mentres el a ía convencendo de que vendese o seu gando e unha casiña. En marzo de 1846, cando Manuela estaba noutra aldea reclamando a parte que se lle debía da venda da casa, Manuel e Petronila saíron da aldea cara á Serra de San Mamede e Manuel regresou só. Cando volveu Manuela e preguntou pola filla, díxolle que a enviara a servir a Santander, a casa dun cura. Manuela creu o que lle dixo, e ós oito días díxolle a Manuel que a levase onda a filla. Manuel aceptou e despedíronse dos irmáns dela, que lle agradeceron as molestias. Tampouco se volveu saber nunca máis dela, pero el díxolle a quen lle preguntaba por elas que estaban ben colocadas na casa dun cura de Santander, e incluso un día apareceu cunha carta presuntamente escrita por Manuela contando o contenta que estaba.
Ó pouco tempo chegou a Rebordechau o párroco Pedro Cid, con quen Romasanta establecerá unha boa amizade e para o que faría traballos ocasionais, como acompañalo nas viaxes ás parroquias veciñas. A este Pedro Cid achacaranlle no xuízo a Romasanta de axudalo cando todo eran sospeitas contra el, chegando incluso a dicir "que levaba o malo pero deixaba o bo", en alusión á mala sona dalgunhas das mulleres que desapareceran.
En marzo de 1847, Manuel entra en relacións con Bieita García Blanco (irmá máis nova de Manuela, tamén cun fillo de solteira), e convéncea para ir a Santander coa irmá, asegurando que el a buscaría acomodo cerca dela. Outra carta, tamén falsa, de Manuela termina de convencela e un día saen os tres, Manuel, Bieita e o fillo, Francisco, de nove anos, do Castro de Laza, onde vivía ela.
Como nos outros casos, el regresou ó pouco tempo e nunca máis houbo noticias de Bieita nin do fillo, máis aló do que contaba Manuel que seguía dicindo que recibía cartas das irmás. Pero comete o erro de vender en Rebordechau algunha roupa que levara Bieita. Tampouco soubo responder a outra irmá, María, polo nome dos curas onde estaban a servir nin o nome do lugar. Aínda así, esta María pídelle que a leve tamén a ela a Santander, pero non acepta o consello de Manuel de vender o seu gando e el deixa correr o tempo e non a leva. Dille que non lle atopa un bo sitio.