RAINBOW é o quinto álbum de estudio da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado o 18 de decembro do ano 2002 baixo o selo avex trax.

Información

Este é o primeiro álbum onde Ayumi Hamasaki intenta introducir letras en inglés nas súas cancións e tamén onde participou máis na composición das mesmas. O álbum debutou no número 1 das listas de Oricon e foi o segundo álbum máis vendido do ano 2002 no Xapón. A pesar de que este foi o primeiro álbum que non rompeu o rexistro dos dous millóns de copias vendidas (vendeu 1.870.000 copias), para algúns dos fans é un dos mellores en canto a calidade, e sen dúbida unha fonte de fermosas baladas da artista.

Neste álbum Ayumi tratou de participar máis nas composicións, por iso é que se ve nomeada en case tódolos créditos baixo o seu alias de compositora (CREA), en especial en composicións xunto con Dai Nagao, quen usa o pseudónimo de D-A-I.

Crese que debido as múltiples promocións realizadas para o álbum, en especial remarcando o feito de que ela mesma escribira e compuxera a maioría das cancións, e foi no seu momento o álbum de peores vendas, Ayumi deixou de tomar parte nas composicións de maneira activa para deixarlle a tarefa os compositores que a acompañaron desde hai anos. Tamén varias cancións que non eran orixinalmente sinxelos foron promovidas dentro de comerciais para a televisión, como "Heartplace", "Real me" e "Everywhere Nowhere" para produtos Panasonic, e "We Wish" para os cosméticos de KOSÉ.

Lista de temas

# Título 0. RAINBOW 1. Everlasting Dream 2. We Wish 3. Real me 4. Free & Easy 5. Heartplace 6. Over 7. Hanabi 8. Taskinillusion 9. Everywhere Nowhere 10. July 1st 11. Dolls 12. Neverending Dream 13. Voyage 14. Close to you 15. Independent+

Posición nas listas

LanzamentoListaMáxima posiciónVendas na primeira semanaVendas totaisSemanas18 de decembro, 2002Oricon Daily Albums Chart#118 de decembro, 2002Oricon Weekly Albums Chart#11,016,4821,857,8702218 de decembro, 2002Oricon Yearly Albums Chart#2

Vendas totais : 1,857,870 (Xapón) Vendas totais : 2,000,000 (Avex) Vendas totais : 3,000,000 (Asia)

Sinxelos

LanzamentoTítuloMáxima posiciónSemanasVendas24 de abril, 2002"Free & Easy"#19486,52024 de xullo, 2002"H"#1241,016,00026 de setembro, 2002"Voyage"#128679,463

Vendas acumuladas dos sinxelos: 2,181,983

Vendas acumuladas dos sinxelos e o álbum: 4,039,853

Categoría:Álbums de Ayumi Hamasaki Categoría:Álbums musicais de 2002