Santa María do Mesón de Calvos é unha parroquia do concello ourensán de Taboadela na comarca de Ourense. Segundo o IGE, en 2023 tiña 287 habitantes (150 homes e 137 mulleres). Ten sete entidades de poboación.
Toponimia O topónimo O Mesón de Calvos ten dous elementos: deles, Mesón fai referencia a un establecemento público onde se serve comida e se dá pousada. Historia
Na Carta xeométrica de Galicia de Domingo Fontán aparece Calbos (sic). O núcleo desenvolveuse en 1869 á beira da estrada Villacastín-Vigo (posteriormente N-525 e actual OU-320), coa construción dun complexo para acoller arrieiros e viaxeiros. A mediados do século XX construíuse a estación de Taboadela, inaugurada o 1 de xullo de 1957, e en 1953, coa reforma da diocese de Ourense, creouse a parroquia do Mesón de Calvos con lugares da Touza.
Patrimonio A igrexa de Santa María inaugurouse o 6 de xuño en 1965, poucos anos despois de constituír O Mesón de Calvos como parroquia.
Na aldea de Pousa existe unha capela baixo a advocación de Locaia de Toledo. Lugares e parroquias Lugares do Mesón de Calvos
Parroquias de Taboadela
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Taboadela
Categoría:Parroquias de Taboadela Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María