San Cristovo de Cancelo é unha parroquia do concello lugués de Triacastela na comarca de Sarria. No ano 2007 tiña 79 habitantes (33 homes e 46 mulleres) distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 12 habitantes en relación ao ano 2000.

Xentilicio O seu xentilicio é cancelato.

Patrimonio

En Cancelo atópase a Cova Eirós, onde se encontraron restos de Homo neanderthalensis, 93 motivos de arte rupestre e máis de dez mil rexistros e pezas, o que a converten nun dos depósitos de referencia para o estudo da evolución dos modos de vida, da tecnoloxía, da fauna e das condicións paleoclimáticas das comunidades de cazadores recolectores que viviron hai 40.000 anos.

Na parroquia tamén se encontra a igrexa de San Cristovo de Cancelo, con pinturas do século XVI.

Lugares e parroquias Lugares de Cancelo

Parroquias de Triacastela

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Triacastela

Categoría:Parroquias de Triacastela Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cristovo