As Maus ou Meaus é un lugar da parroquia de Tosende no concello de Baltar. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 35 habitantes (16 homes e 19 mulleres), tres menos ca en 2007 (19 homes e 19 mulleres nese ano segundo o INE) e 12 menos ca en 2000.
Toponimia Se ben o Nomenclátor de Galicia indica a forma As Maus, a forma popular e propia é Meaus. Citado en A orixe dun topónimo As Maus habería que procurala nun xentilicio medieval derivado do río Asma, Asmanos. A reinterpretación como un artigo mais un substantivo, As Maus, testemúñase xa dende o século XIII.
Historia
Xunto cos lugares de Rubiás e Santiago da parroquia de Rubiás dos Mixtos (concello de Calvos de Randín) conformaba ata 1864 o Couto Mixto.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de Tosende
Parroquias de Baltar
Notas
Categoría:Lugares de Baltar Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía