Santa María de Torbeo é unha parroquia do concello lugués de Ribas de Sil na comarca de Quiroga. No ano 2024 tiña, segundo o Instituto Galego de Estatística, 75 habitantes (37 homes e 38 mulleres), o que supón unha diminución con respecto a 2017, cando tiña 87 habitantes.
Xeografía Está situada á beira do río Sil, e a súa vexetación está composta en boa medida por soutos de castiñeiros. Ten 16,2 km², dos cales 4,81 son montes veciñais.
Historia
esquerda|miniatura|Escudo non oficial da parroquia de Torbeo, coa imaxe dunha meiga e a igrexa parroquial. Hai referencias do mosteiro de Torbeo entre os séculos XII e XVI. Na abadía de Torbeo estaba soterrado Vasco Peres de Quiroga, nado en 1135, tendo a súa lápida a seguinte inscrición: Aquí iace el Bon Quiroga rico ome de Castella. Fo muy umilloso e caritativo que a ninguen dexo morrer de fame; requiescat in pace.
En 1555, na obra de Hernán Núñez Refranero o proverbios en romance, aparece recollido "Quando fores a Torbeo leva o pan no seo". Na época de Filipe II de España a súa abadía tiña 100 vasalos.
Na última etapa do Antigo Réxime Torbeo constituía xurisdición de seu, e a comezos do século XIX transformouse en concello.
Filomena Arias Armesto (1865-1938), coñecida como "A Bruxa" ou "A Sabia de Torbeo", foi unha curandeira e adiviñadora de tal sona no seu momento que levaba á parroquia xentes desde toda Galiza, León, Ponferrada e Asturias. Sobre ela falou Vicente Risco no estudo de etnografía da obra Historia de Galiza de Otero Pedrayo. Tamén aparece mencionada en Madera de Boj, de Camilo José Cela.
Patrimonio dereita|miniatura|Pía bautismal da igrexa de Santa María de Torbeo. Consérvase a igrexa románica, do século XII. Outro coñecido e singular edificio é o Pazo da Casa Nova. Da súa gastronomía ten sona a variedade endémica de castaña torbeana, recollida na listaxe de cultivos de castaña realizada pola FAO.
Lugares e parroquias Lugares de Torbeo
Parroquias de Ribas de Sil
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ribas de Sil
Ligazóns externas www.torbeo.com , blog de Antonio Rodríguez sobre a parroquia.
Categoría:Parroquias de Ribas de Sil Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María