En abril espigas mil|250px|miniatura

Véxase tamén O muíño na cultura popular galega

A seguir recóllense os refráns que fan alusión ó pan, sexa pantrigo ou pan de centeo, pero tamén ó trigo, a fariña, o forno, ós panadeiros, etc. Debe terse en conta que en ocasións se utiliza o nome de pan para designar outros gran, como o centeo, e mesmo o cereal aínda no campo.

A anguía en empanada e a lamprea escabechada Clodio González Pérez, 142.. A auga de san Xoán, leva o viño e tolle o pan As chuvias de xuño prexudican viñas e cereais.Eladio Rodríguez González, s. v. auga.. A auga de san Xoán quita o viño e tolle o pan Rosario Soto Arias 2013.. A auga de san Xoán tolle o viño e non dá pan Eladio Rodríguez González, s. v. San Xoan.. A auga en San Xuán tolle o viño e non dá pan Real Academia Galega 1913, s. v. auga. No orixinal: San Juan.. A auga no forno, tras da fariña vai . A auga polo san Xoán tolle o viño e non dá pan. A can que os dentes regaña dalle pan ou talladas Eladio Rodríguez González, s. v. can.. A cebada, na lameira; o trigo, na poeira Eladio Rodríguez González, s. v. cebada.. A choiva no abril dá millo e dá pan. A chuvia por san Xoán, tolle o viño e non dá pan. A costureira, moi sentadiña; e o pan, na criba Eladio Rodríguez González, s. v. costureira.. A falta de pan, bo é pantrigo Eladio Rodríguez González, s. v. pan.. A mera no San Xoán leva o viño e mais o pan Eladio Rodríguez González, s. v. mera. Mera é néboa espesa, húmida e baixa. A mozo respostón, pan e moito legón Eladio Rodríguez González, s. v. mozo.. Á mesa sin pan non te poñas a xantar . Á muller e ó can o pau nunha man, e noutra mau o pan Eladio Rodríguez González, s. v. muller.. A pan de quince días, fame de tres semanas . A pan duro, dente agudo . Á porta do orador non botes o trigo ó sol. A pouco pan, tomar primeiro. miniatura|300px|Á que amasa fariña, nunca pan lle falta Á que amasa fariña, nunca pan lle falta Eladio Rodríguez González, s. v. amasar.. Á que ten pan e capelo nunca lle falta mancebo . A quen coce i amasa non lle fúrtela masa Eladio Rodríguez González, s. v. cocer.. A quen come ben o pan, é pecado darlle compango . A quen come ben o pan, é pecado o compango que lle dan. A quen come pan, migallas lle quedarán . A quen lle sobre pan, que manteña ben o can . A quen non lle sobre o pan, que non críe can . A quen queiras mal, cómelle o pan, e a quen ben, tamén . A sardiña en san Xoán xa molla o pan. A sardiña polo abril, cóllea polo rabo e déixaa ir; por maio ásaa no borrallo, e por San Xoán xa molla o pan Lino Lema Bouzas, 2.. A sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no rescaldo e por san Xoán xa molla o pan. A todo o que come pan, migallas lle cairán. Abril frío e fornos quentes, alegría pros meus dentes Eladio Rodríguez González, s. v. abril..Real Academia Gallega 1913, s. v. abril. No orixinal: frio, para os meus. Abril frío, moito pan e pouco viño . Abril frío, pan e viño . Abril frío quer compango, viño e pantrigo . Abril frío trai poias de trigo Poias son bólos de pan, como tortas pequenas e aplastadas de pan. En Verín pagábase con elas ó forneiro. Eladio Rodríguez González, s. v. abril.. Abril, pendoril; maio, engraio; e san Xoán, segaio . Abril, pendoril; maio, engraio; san Xoán, segaio. Aceite, carne, pantrigo e sal, mercadoría real. Aceitonas acedas, pan con elas. Achegador da cinza, derramador da fariña. Achegador de cinza, e esparexedor de fariña Eladio Rodríguez González, s. v. fariña.. Adiós, amo e ama, que tan bo pan como aquí fano na miña casa. Adoece, can, porque non che dan pan . Agosto fáiselle maio ó que non ten pan sementado Eladio Rodríguez González, s. v. agosto. No orixinal: tèn.. Agradecédemo, veciñas, que boto farelo ás miñas galiñas Eladio Rodríguez González, s. v. farelo.. Alá vai serodio con temporao, mais non na palla nin no grao Indica a diferenza na colleita dun e doutro.. Alá vaias, pan emprestado, onde volvas millorado . Alegraivos, veciñas, que lle dou farelo ás miñas galiñas . Amasade, panadeiras, que miña nai quer un pan . Amasando faise o pan . Amigo por amigo, o bo pan e o bo viño. miniatura|300px|Ano de laceira, en cada esquina unha panadeira Ano de laceira, en cada esquina unha panadeira Laceira significa miseria, gran pobreza, a falta extrema do necesario para vivir.Real Academia Gallega 1913, s. v. ano.Eladio Rodríguez González, s. v. ano.. Ano de nevadas, ano de fornadas . Ano hortelán, máis palla que gran. Ano hortelán, moita palla e pouco gran. Ano malo, panadeiras no mercado . Anque comas azafrán, a boca que che sepa a pan. Antes de pan viño, antes de viño touciño, e antes touciño que liño. Antes de san Martiño, pan e viño. Despois de san Martiño, fame e frío Eladio Rodríguez González, s. v. San Martiño.. Antes o pan que o viño e antes o touciño que o viño . Antes pan que viño, antes viño que touciño, e antes touciño que liño . Ao que ten fillos non lle apodrece o pan Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.. Ara ben e fondo, e collerás pan dabondo . As tormentas por san Xoán tollen o viño e levan o pan. Astra san Martiño, pan e viño; de san Martiño adiante, frío e fame No orixinal: hastra. Astra san Xoan, toda a herba é pan Eladio Rodríguez González, s. v. San Xoan, s. v. pan. No orixinal: hastra.. Ata curto, esterca a modo, ara xusto e fondo, e collerás pan dabondo . Ata san Martiño, pan e viño; de san Martiño adiante, fame e frío. Ata san Martiño, pan e viño; de san Martiño pra diante, fame e frío bastante. Ata San Martiño, pan e viño; de San Martiño pra diante, pan e frío bastante Probable erro por fame e frío.. Auga, da serra; pan do que se malla na eira . Auga de febreiro, enche o graneiro. Auga de maio, pan pra todo o ano. Auga de san Xoán, tolle o viño e non dá pan . Auga e pan, sopas na barriga fan Real Academia Galega 1913, s. v. auga.. miniatura|300px|Auga en maio, pan todo o ano Auga en maio, pan para o ano . Auga en maio, pan todo o ano Eladio Rodríguez González, s. v. maio.. Auga fría e pan quente nunca fan bo ventre. Auga fría e pan quente, nunca fixeron ventre . Auga no San Xoán tolle o viño e non dá pan Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: Xohán.. Auga panada, feita e tomada Eladio Rodríguez González, s. v. auga. Chámase auga panada a que se prepara botando unha codia de pan torrado na auga.. Auga por agosto, nin pan nin mosto . Azadós moi relocentes, escaleiras dos xuzgados, auntamentos con musgo, o panadeiro a cabalo, o médico de pé: o universo ben gobernado. Ben está o can cando non quer pan . Benia ó pan que presta i a moza que o come . Bo é o pan con algo máis . Bo é pan con algo de compango máis . Busca pan pra maio e leña pra abril, e bótate a dormir . Cada meniño ó nacer trai un pan baixo do brazo . Cada un busca o pan do seu mastigo Mastigo é a acción e efecto de mastigar. Eladio Rodríguez González, s. v. pan, s. v. mastigo.. Caia auga e veña maio, que xa temos pan pro ano . Caian pans e veñan días Dise a quen pretende comer sen traballar, que non se preocupa do mañán.. Caldo sen pan no inferno o dan . Caldo sin grasa, pan sin tasa Marcial Valladares Núñez (1884), s. v. caldo.Eladio Rodríguez González, s. v. caldo.. Caldo sin pan dáselle ó can Eladio Rodríguez González, s. v. caldo.. Cando a carballeira zoa, sabe ben a broa. Cando canta o cuco logo vèn o grau ó suco Eladio Rodríguez González, s. v. cuco.. Cando comas pan quente, non bebas auga fría . Cando Dios dá a fariña vén o demo e quítaa . Cando fores a chan alleeiro leva o pan no capelo . Cando hai trigo na eira, hai pan na maseira Eladio Rodríguez González, s. v. trigo.. Cando non hai fariña, sobra a peneira. Cando o home ten leiras que traballar, e a muller fariña que amasar, na casa non falta pan Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: tèn.. Cando o trigo é louro, é o barbo coma un touro. Cando o trigo é louro, o muge é d'ouro Recollido xa en 1762 por Frei Martín Sarmiento en Pontevedra, referíndose a que este peixe, o muxe, que en invierno no vale nada y en verano es tan gustoso que en Pontevedra hay este adagio. Martín Sarmiento: Obra de 660 pliegos.. Cando o trigo está louro, o barbo é coma un touro . Cando o trigo está louro, o múxele vale ouro . Cando o trigo está na eira, anda o pan por enriba da artesa . Cando o trigo está no celeiro, é do que ten diñeiro Eladio Rodríguez González, s. v. trigo. No orixinal: tèn.. Cando o trigo está nos campos, é de Dios e dos santos . Cando o trigo está nos campos, é de Dios e mais dos Santos. Cando o trigo vai louro, o muxe vale ouro Lino Lema Bouzas, 3.. Cando tiven dentes non tiven pan; e agora que teño pan non teño dentes Eladio Rodríguez González, s. v. dente.. Canta máis aughiña, máis fariñiña Se se quere botar máis auga, cómpre engadir tamén máis fariña. Elixio Rivas Quintas (1978).. Casou Pedro e non foi mal; casou en terras de pan Eladio Rodríguez González, s. v. Pedro.. Catro cartos para pan, tres e medio para viño, un carto para tabaco, alá vai un realiño. Cava fondo i terás gran. Cava, labor e barbeito, en maio han de estar feitos . Cebada, a que eu quixere; e trigo, o que Dios me dere . Cebada, pra marzo; leña pra abril e trigo, pra maio . miniatura|300px|Chámame can e dáme pan Chámame can e dáme pan . Chocolate con petada na casa dos probes é comida rara, porque é cara A petada é un doce de pan de ovo para tomar con chocolate. Eladio Rodríguez González, s. v. petada.. Chova ou non chova, pan ha de haber de sobra . Chuvia en san Xoán, tolle o viño e non dá pan. Chuvia en San Xoán, tolle viño e non dá pan Marcial Valladares Núñez. No orixinal: San juan, tòlle, da.. Chuvia na semana da Ascensión, cría nos trigos mourón Marcial Valladares Núñez. No orixinal: n’a, d’Ascensión, n’os, mouron.Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.. Chuvia na semana da Ascensión cría nos trigos mourón, pro é un regalo San Pedro co seu xerro, San Cristobo co seu cobo, Santa María coa súa regazadiña, Santiago co seu canado, San Lorenzo co seu caldeiro penso, Nosa Señora coa súa ola e San Miguel co seu tonel O refrán alude ás chuvias de verán nas que confían os labregos, desde maio (mes no que adoita caer o Día da Ascensión) e setembro (San Miguel).. Chuvia por San Xoán, tolle o viño e leva o pan Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.. Coa chegada do cuco vén o pan ó suco . Comas ben ou comas mal, a boca deixarala de pan Elixio Rivas Quintas 1978, s. v. pan.. Come máis pan un día de sol de febreiro, que os cabalos de todo o reino Eladio Rodríguez González, s. v. febreiro.. Come pan, bebe viño e tira pra diante polo camiño. Cómeo Deus na eira e cólleo Marta na maseira. Comer sempre con pan chega a cansar, se non hai algo pra compangar. Comín fariña por engordar, e saíume por cea e por xantar . Con aceitonas e pan quente, mórrese a xente. Con afán gánase o pan. Con ben pan e moita leña, o inverno a ninguién empeña . Con pan caseiro non vende o panadeiro . Con pan e viño anda calquera o camiño. Con pan e viño ándase o camiño . Con pan e viño ben se pasa o camiño . Con pan e viño faise o camiño. Con pan e viño lévase o camiño. Con pan e viño pásase o camiño . Con pan e viño xa se anda o camiño . Con pan ou sin pan, o que non morra vivirá por san Xoán . Coza quen quixer, e amase quen souper . Da bola e a rebola, que veña o demo e escolla. Dá Dios pan a quen non ten moas Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: tèn.. Dalle ó rabo o can, non por ti senón polo pan Eladio Rodríguez González, s. v. can; s. v. rabo.. Dame pan e chámame can . Dame pan e di que son parvo . Dáo Dios na eira, e tólleo Marta na maseira. Dar do pan, e do pau . De mal trigo nunca boa fariña . Derramando a fariña non se goberna a casa miña . Des que chega o cuco, logo vén o pan ó suco.