A praia do Orzán é unha praia urbana da cidade da Coruña situada na enseada do Orzán, xunto ao paseo marítimo.

Características Ten aseos públicos, duchas, vixilancia, aparcadoiro, posto de socorro e acceso para discapacitados. Está prohibida a entrada con animais.

É habitual a práctica do surf e bodyboard cando as condicións meteorolóxicas son as axeitadas, marea baixa e vento do sueste. Celébranse diversos campionatos ó longo do ano, como son unha proba do circuíto galego de surf.

As liñas do bus que ata aló chegan son a 3A, a 4, a 6, a 6A e a 11.

Véxase tamén

Outros artigos A Agra do Orzán Praia de Riazor

Ligazóns externas Cámara web orientada á praia

Categoría:Praias da Coruña Categoría:Bandeira Azul