O nervio estatoacústico, nervio auditivo ou nervio vestibulococlear é o oitavo dos doce pares craniais. O seu nome débese á súa dobre función de audición e sensitivo para información nociceptiva. Leva a información dende o aparello auditivo ó cerebro. De camiño de oído ó cerebro atravesa o conduto auditivo interno, que se atopa no óso temporal.
Composición do nervio O VIII par cranial está composto por tres feixes: Nervio coclear: recibe información do órgano de Corti de tipo auditivo. Lévaa ó córtex temporal. Nervio vestibular superior: recolle información do utrículo e dos condutos semicirculares superior e externo. Nervio vestibular inferior: recolle información do sáculo e conduto semicircular posterior.
Funcións Dúas funcións: Auditiva: procede do órgano de Corti, pasa a través do nervio coclear e núcleo coclear, chega ós núcleos auditivos do troncoencéfalo e ó córtex auditivo, xeralmente no córtex temporal. Nociceptiva: recollida polos nervios vestibulares. Permite obter información da posición da testa.
Lesións Unha lesión no feixe coclear produce xordeira do oído afectado. Nos outros feixes, prodúcense diversos síntomas: vertixe, perda de equilibrio etc.
Relacións Atópase intimamente ligado co óso temporal. No interior do conduto auditivo interno relaciónase tamén co VII par cranial (nervio facial e intermediario de Wrisberg).
Véxase tamén
Categoría:Pares craniais Categoría:Oído