O nervio motor ocular externo ou nervio abducente é o sexto dos doce pares craniais. Encárgase de innervar o músculo recto lateral do ollo, que se encarga de mover o ollo cara a fóra.
Orixe real Atópase no núcleo abducens, que se atopa por debaixo da ponte de Varolio.
Orixe aparente e percorrido Xorde por debaixo da ponte de Varolio e pasa por fóra da pirámide bulbar. Pode pasar por diante ou por detrás da arteria cerebelosa anteroinferior. Fura a duramadre do espazo cranial posterior, pasa xunto ós seos petrosos superior e inferior, atravesa o seo venoso cavernoso e xunto coa arteria carótide interna percorre a fendidura esfenoidal ata a órbita. Unha vez nela pasa por dentro do anel de Zinn e chega á parede externa da cavidade ocular, pegándose ó músculo recto externo.
Función Move o músculo recto externo ou lateral do ollo. É puramente motor.
Lesións do VI par Lesións no nervio producen parálise do músculo recto externo, polo que o ollo non é quen de ir cara a fóra.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Par cranial
Categoría:Pares craniais