250px|Estatua do deus Baco en Cambados feita por Francisco Leiro|miniatura
A adega cheira ó viño que ten Eladio Rodríguez González, s. v. adega.. A auga de febreiro derrama o viño Eladio Rodríguez González, s. v. auga.. A auga de San Xoán leva o viño e tolle o pan . A auga de San Xoán quita o viño e tolle o pan Rosario Soto Arias 2013.. A auga de San Xoán tolle o viño e non dá pan Eladio Rodríguez González), s. v. San Xoan.. A auga en San Xuán tolle o viño e non dá pan A chuvia en xuño prexudica as viñas e os campos de cereais. Real Academia Galega 1913, s. v. auga. No rixinal: Juan.. A auga fai mal i o viño fai cantar . A auga non emborracha, nin enferma, nin entrampa . A auga non enferma nin embebeda . A auga para os peixes; para os homes, viño a feixes Lino Lema Bouzas, 1.. A auga polo san Xoán tolle o viño e non dá pan. A augardente, na tenda; o viño, na taberna Eladio Rodríguez González, s. v. augardente.. A beber viño nunca me ganou veciño Eladio Rodríguez González, s. v. beber.. A bo viño non hai mal bebedor Eladio Rodríguez González, s. v. viño.. A cepa, tarde ou cedo, sempre dá uvas polo setembro. A chuvia no mes de agosto, non é chuvia que é mel e mosto Real Academia Gallega, s. v. agosto. No orixinal: chuva, non e chuva.Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.. A chuvia no mes de agosto, non é chuvia que é mosto Eladio Rodríguez González, s. v. agosto.. A chuvia por san Xoán, tolle o viño e non dá pan. A cuba do bo viño non necesita bandeira. A home bo, picheles cheos Pichel: “Xerra alta e redonda, máis ancha na base ca no colo, xeralmente de estaño, con tapa unida á asa, que se empregaba para quitar o viño dos pipotes” (DRAG).Eladio Rodríguez González, s. v. home.. A home vello, picheles novos . A mera no San Xoán leva o viño e mais o pan Eladio Rodríguez González, s. v. mera. Mera significa néboa espesa, húmida e baixa.. A millor siñal de auga é non haber pra viño . A moza i a parra, non se ven ben se non lle erguen a faldra Eladio Rodríguez González, s. v. moza.. A muller e a viña dan ó home alegría Eladio Rodríguez González, s. v. muller.. A muller e a viña faina o home garrida . A muller e o viño sacan o home de tino . A muller que ó seu home queira ter gordiño dispois que coma o caldo déalle un gotiño . A pouco viño, coidadiño . A reixa de san Xuan, moitos o saben e poucos o dan Refírese á arada que cómpre dar ás viñas neste mes.. A vide e a xesta co demo en testa. A vindima, enxoita e fría Eladio Rodríguez González, s. v. vindima.. A vindima non é cada día . A viña de bo amo, pódase en marzo. A viña do ruín, pódase en abril Eladio Rodríguez González, s. v. viña.. A viña i o poldro que os críen outros . A viña non quere máis sombra que a do amo. A viña o dá e a viña o come. A viña vella quer amo novo . A viño de mal parecer, pechar os ollos e beber . A xente ve o que bebo, mais non ve a sede que teño . A xogueta e a bebedela botan as casas por terra. Abril frío, moito pan e pouco viño Eladio Rodríguez González, s. v. abril'.</ref>. Abril frío, pan e viño . Abril frío quer compango, viño e pantrigo . Aceite, no alto; viño, no medio; mel, no baixo. Aceite, o de enriba; viño, o do medio; mel, o do fondo. Aceite, viño e amigo, millor canto máis antigo. Adega fría quentarse espera . Adega fría quentarse espera ó chegala colleita . Agosto a madura e setembro vendima a uva. Agosto e vendimia non son cada día Real Academia Gallega, s. v. agosto.. Agosto e vendima non son cada día e si cada ano, uns con ganancia e outros con dano. Agosto e vendima non son cada día e sí cada ano, us con proveito e outros con dano . Agosto, madura, e setembre vindima as uvas . Aí vén San Miguel, co seu tonel San Miguel, 28 de setembro. Eladio Rodríguez González, s. v. San Miguel. No orixinal: Ahí ven.. Alegre, alegrete, arranca-carrascos e tente-bonete Son os graos da bebedela. Amigo por amigo, o bo pan e o bo viño. Anaco de touciño pide trago de viño Eladio Rodríguez González, s. v. touciño.. Ano de viño, garda viño. Ano de viño, merca e garda viño Eladio Rodríguez González, s. v. ano.. Ano de viño, vende viño e garda viño. Ano novo e viño novo non manteñen Real Academia Gallega, s. v. ano.. Anque estou malo das pernas, inda podo ir á taberna Eladio Rodríguez González, s. v. taberna.. Anque teño mala a perna, ben sei onde está a taberna . Antes da vindima, compón as cubas axiña . Antes de pan, viño; antes de viño, touciño; e antes touciño que liño. Antes de San Martiño, pan e viño; dispois de San Martiño, fame e frío Eladio Rodríguez González, s. v. San Martiño.. Antes o pan que o viño e antes o touciño que o viño Eladio Rodríguez González, s. v. pan.. Antes pan que viño, antes viño que touciño, e antes touciño que liño . Ao lacón e ao touciño, grolos de viño X. L. Franco Grande: Diccionario galego-Castelán (1972), s. v. lacón.. Apregoar viño, e vender vinagre . As tormentas por san Xoán tollen o viño e levan o pan. Ás veces val máis o viño que as borras; e de contino, val máis o viño . Ata despois da vendimia non cáte-la entena. Ata o san Pedro, o viño ten medo. Ata pasada a vendimia non digas: “¡Eite a mel miña!”. Ata san Martiño, pan e viño. De san Martiño adiante, fame e frío. Ata San Martiño, pan e viño; de San Martiño pra diante, fame e frío bastante. Ata San Martiño, pan e viño; de San Martiño pra diante, pan e frío bastante. Auga de agosto, azafrán, mel e mosto. Auga de agosto dá mel e mosto Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: da.. Auga de agosto, mel e mosto . Auga de san Xoán, tolle viño e non dá pan . Auga e sol, pras froitas, lagarto; pras viñas, pulgón . Auga en agosto, azafrán, mel e mosto Real Academia Galega 1913, s. v. auga.. Auga no San Xoán tolle o viño e non dá pan Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: Xohán.. Auga ó figo; e á pera viño . Auga por agosto, nin pan nin mosto . Auga, de cepas; arruído, de tellas . Auga, pros peixes; pros homes, viño a feixes . Bebamos hastra que máis non poidamos . Bebamos hastra que non nos vexamos . Bebe dispois do caldo, e manda o médico ó diaño Eladio Rodríguez González, s. v. caldo.. Bebe dispois do caldo, e rite do ciruxano . Bebe pouquiño, come a fartar, durme no alto, e así vivirás . Beber, beber, hastra máis non poder . Beber bo viño faino todo veciño: o que é malo, é beber viño malo . Beber e comer bo pasatempo é . Beber frío; e xantar, quente. Beber astra non ver Eladio Rodríguez González, s. v. beber. No orixinal: hastra.. Beber polo ancho, e dar de beber polo estreito . Beber sin comer, é cegar e non ver . Bebín auga porque non houbo auga; que se auga houbera, viño bebera, se a tempo chovera . Borracheira de auga non emborracha. Bótamo todo en viño e non en liño . Cabalo corredor, home rifador, vaso de vidro e tinalla de viño, sempre están en perigo Eladio Rodríguez González, s. v. cabalo.. Cada cuba cheira ó viño que lle botan Eladio Rodríguez González, s. v. cuba.. Cada cuba cheira ó viño que ten . Cal o ano, tal o xerro . Cando chove en agosto, chove mel e mosto. Cando chove por agosto, chove mel e mosto Eladio Rodríguez González, s. v. chover.. Cando deas viño ó teu señor, non o mires ó sol . Cando hai auga e sol en marzo, aparella as cubas e o mazo Eladio Rodríguez González, s. v. marzo.. Cando o borracho ronca, o viño no barril apousa. Cando ó mariñeiro lle dan de beber, ou está fodido ou vanno foder Lino Lema Bouzas, 3.. Cando o vello non pode beber, pódenlle a cova facer . Cando san Xoán bebe viño, ponse moito vermelliño. Cando se remata o viño, a bota xa non fai falta . Canto máis bebo, máis sede teño . Casa, viño e poldro, fáganos outro. Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño. Cava fondo e terás anada de abondo Eladio Rodríguez González, s. v. cavar.. Cávame tarde, bímame cedo, e pagareiche o que che debo, díxolle a viña ó labrego . Cáveme quen queira, pódeme quen seipa; bímeme calquera; cóideme o meu amo . Cáveme quen queira, pódeme quen seipa, díxolle a cepa á terra . Chafar, chafoume, mais como pagar, o viño pagoume Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.. Chuvia en san Xoán, tolle o viño e non dá pan Marcial Valladares Núñez. No orixinal: San juan, tòlle, da.. Chuvia polo agosto é mel e mosto . Chuvia por San Xoán, tolle o viño e leva o pan . Coida ben a viña e terás vindima . Coida de podar en marzo, que o que poda en abril é ruín. Collerás viño mosto se vendimas enxoito . Come pan, bebe viño e tira pra diante polo camiño. Con castañas asadas e sardiñas salgadas, non hai ruín viño Clodio González Pérez, 145.. Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai viño ruín . Con pan e viño anda calquera o camiño. Con pan e viño ándase o camiño . Con pan e viño ben se pasa o camiño . Con pan e viño faise o camiño. Con pan e viño lévase o camiño. Con pan e viño pásase o camiño . Con pan e viño xa se anda o camiño . Da boa nai busca a filla, e da boa cepa pranta a viña Eladio Rodríguez González, s. v. nai.. Dádeme unha, dádeme tres, mais sen a de maio non me deixés Fala a viñan pedindo a cava.. Dálle ó porco do caldeiro, e non do Ribeiro Eladio Rodríguez González, s. v. porco.. Dáme o viño cando quixeres; máis dispois do caldo non mo negues . Das aves que erguen o rabo, a pior é o xarro Eladio Rodríguez González, s. v. ave.. De pai bodegeiro, fillo cabaleiro e neto limosneiro. Debaixo dunha mala capa, hai ás veces un bo bebedor Eladio Rodríguez González, s. v. debaixo.. Debaixo dunha mala capa hai un gran bebedor. Deben nadar en viño os caracoles, as brevas e os figos . Deica San Pedro o viño ten medo Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: tèn.. Deixa a auga e bebe viño, dispois do San Martiño . Derramarse o viño é boa siñal, pero non o sal . Despois das uvas e mel sabe mal o viño, pero fai ben. Despois de San Martiño, deixa a auga e bebe o viño. Despois de San Martiño, deixa a agua e bebe viño. Deus te garde de amigo reconciliado, de can atado, de borracho irado e de home arroutado. Día de San Martiño, proba o teu viño Eladio Rodríguez González, s. v. día, s. v. viño, s. v. San Martiño.. Día de San Martiño, todo o viño é bo viño Eladio Rodríguez González, s. v. día.. Día de Santa Cruz vai ver a túa viña, se reluz A Santa Cruz de maio celébrase o día 3.. Día de santa Mariña, vai á viña, que como a toparás, vindimarás O día de Santa Mariña é o 18 de xullo. Día de santa Mariña, vai ve-la túa viña, e como a encontrarás, así a vindimarás. Din que o viño que nace no maio que o bebe o gaio. Dispois de comer e beber, cada un da o seu parecer . Dispois de San Martiño, deixa a iauga e bebe o viño Eladio Rodríguez González, s. v. viño, s. v. San Martiño.. Dispois de vindimas, corvos . Dixo o viño, moi campante: "No corpo do home son valente e voante". E dixo o pan: "Se eu vou diante" . Dixo o viño: "No corpo do home sou valente e boiante". E dixo o pan: "Se eu vou diante" Marcial Valladares Núñez. No orixinal: Diĵo o viño: N'o corpo d'o hòme son valente e voante. E diĵo o pan: S'eu vou diante.. Díxolle o touciño ó viño: ben veñas, amigo . Do bo viño, bo vinagre . Do novo viño bota un traguiño polo San Martiño . En abril xa soio poda o labrego ruín. En abril, augas mil, cargan o carro e mailo barril. En agosto, as castañas arder, e en setembro, beber Real Academia GallegaEladio Rodríguez González, s. v. agosto. No orixinal: i en setembro.. En agosto chove mel e mosto. En agosto máis vale que sobre pan que non que falte viño. En agosto, nin muller nin mosto . En agosto, nin viño nin mosto. En agosto, nin viño, nin muller, nin mosto . En agosto, viño mosto . En chegando san Brais pon pan e viño na alforxa que día non faltará. En maio, nin xantar á mesa sin viño nin pote ó lume sin touciño. En maio, sulfato . En marzo, podar e cavar, se queres colleitar . En san Martiño, pan e viño. En san Xoán, tanto viño coma pan.