Emilia Pardo-Bazán y de la Rúa-Figueroa, nada na Coruña o 16 de setembro de 1851 e finada en Madrid o 12 de maio de 1921, foi unha escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora e rexionalista galega que triunfou na literatura española como escritora e como figura pública. Influída polo naturalismo, movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos.Wilson, Michelle "Emilia Pardo Bazán (1851-1921)" Michigan State University . En recoñecemento polos seus méritos artísticos, o rei Afonso XIII concedeulle en 1908 o título de condesa de Pardo Bazán.González-Doria. Diccionario heráldico y nobiliario de los reinos de España. Bitácora. San Fernando de Henares, 1987. ISBN 84-86832-00-4.
O seu estilo foi enérxico e nel afondou en problemas e situacións difíciles. Escribiu centos de contos que publicou en escolmas, como Cuentos de Marineda. Destacou sobre todo na súa produción literaria salientando novelas como Un viaje de novios ou A Tribuna,Orixinalmente La Tribuna, traducida ao galego en 2011 por David González Couso (véxase a ficha na Biblioteca da Tradución Galega) e de novo en 2021 por Valeria Pereiras. a máis naturalista das súas novelas, onde describe a dura vida proletaria nunha fábrica de tabaco. Tamén son de suma importancia Os pazos de Ulloa e La madre Naturaleza, onde retratou a vida nas vilas e aldeas galegas, o folclore popular e tamén a decadencia da nobreza palaciana do rural cun argumento apaixonado e, en ocasións, violento.
Destaca tamén o seu labor na creación da Real Academia Galega, creando xunto a Ramón Pérez Costales unha Comisión Xestora sobre a base da Sociedad del Folklore Gallego para a creación da academia. Posteriormente a súa filla doou a residencia familiar da Coruña, a Casa Museo de Emilia Pardo Bazán, para establecer alí a sede da institución.Historia da Real Academia Galega realacademiagalega.org.
Hoxe en día, Pardo Bazán, ao igual ca outras contemporáneas como a ilustrada galega Concepción Arenal, está considerada como unha das precursoras do movemento feminista en España.Emilia Pardo Bazán, unha defensora dos dereitos das mulleres que naceu hai 159 anos Secretaría Xeral de Igualdade. Consultada o 28/12/2010 Ao longo da súa obra criticou a degradación e marxinalidade da muller e expresou o seu desexo de crear para as mulleres unha educación e unha formación intelectual igual cá dos homes.Barros Guede, José. "Emilia Pardo Bazán, promotora del feminismo en España (y II)" La Opinión A Coruña 19/6/2009.
Nun tempo no que máis do 90% das mulleres eran analfabetas,. Pardo Bazán chegou a ser a primeira muller en presidir a Sección de Literatura no Ateneo de Madrid, a primeira nomeada Conselleira de Instrución Pública e a primeira muller catedrática de Literatura Contemporánea de Linguas Neolatinas da Universidade Central de Madrid. miniatura|Casa de Emilia Pardo Bazán na rúa das Tabernas (A Coruña). Traxectoria Devanceiros Emilia Pardo Bazán e Rúa-Figueroa Somoza naceu o 16 de setembro de 1851 na vila da Coruña, cidade que sempre apareceu nas súas novelas baixo o sobrenome de "Marineda". Foi a única filla de José Pardo Bazán e Mosquera Rivera, avogado de profesión, e Amalia Rúa-Figueroa e Somoza (1830-1915), casados o 30 de setembro de 1850.
As orixes da familia da escritora remóntase aos séculos XIV e XV, entroncando co famoso personaxe o mariscal conde Pardo de Cela, señor da casa de Moeche, cuxos descendentes ao longo dos séculos XVI, XVII e XVIII chegan até Juan Pardo de Lama (1748-1797), casado con Luisa Bazán de Mendoza (1759-1820), unión da que nace o avó de Pardo Bazán, Miguel Pardo Bazán (1784-1839), colexial de Fonseca, tenente coronel do célebre Batallón Literario de Santiago de Compostela, quen herda por morte do seu tío paterno Antonio Pardo Patiño, en 1813, os bens e rendas de varias casas fidalgas espalladas por diversas parroquias e concellos das provincias da Coruña e Pontevedra.Barros Guede, José "Familia e patrimonio de Emilia Pardo Bazán e do seu marido José Quiroga (XXXIII)" La Opinión (A Coruña), 30/1/2009 .
Miguel Pardo Bazán, avó da escritora, casou con Joaquina Mosquera e RiveraAsasinada a mans do seu segundo marido, Juan Rey Perfume., o 13 de setembro de 1813, na Coruña; deste matrimonio naceu o seu fillo José Pardo Bazán y Mosquera Rivera (1827-1890), pai de Emilia, avogado, político liberal moderado e conde de Pardo Bazán por título pontificio concedido polo papa Pío IX, en 1871 (autorizado en España polo rei Amadeu de Savoia mediante o decreto do 3 de febreiro de 1872) debido á defensa que fixo da relixión católica como relixión do estado na asemblea constitucional formada trala Revolución de 1868.
Nenez e mocidade miniatura|Retrato en óvalo de Emilia. Ao pouco de nacer Emilia, arranxou a familia unha casa na rúa das Tabernas da Coruña que sería a súa residencia principal. Na Coruña pasaría a cativa o tempo xogando nos xardíns de San Carlos, facendo excursións ao longo das ateigadas rúas da parte nova da cidade, ou apañando cunchas na praia. Amais da casa da rúa das Tabernas a familia posuía outras dúas residencias: a granxa de Meirás no concello de Sada, e a Torre de Miraflores en Sanxenxo, onde a familia pasaría os veráns.
O feito de vivir no seo dunha familia acomodada permitiulle levar a cabo algúns dos seus devezos de instrución, aínda que, debido ao seu sexo, tivo que ser unha autodidacta, dada a imposibilidade das mulleres da súa época de poderen realizar estudos académicos:
Lectora infatigable dende os 8 anos de idade, aos nove compuxo os seus primeiros versos, e aos quince o seu primeiro conto, Un matrimonio del siglo XIX (1866).Emilia Pardo Bazán na Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
A súa afección á lectura víñalle de rapariga, cando pasaba horas na biblioteca do pai. Na biblioteca accedeu a un amplo abano de lecturas; segundo declarou, os seus libros favoritos eran Don Quixote da Mancha, a Biblia e A Ilíada.Informacion del Autor: Emilia Pardo bazan Espaciolibros.com, consultada o 9/6/09 Na casa da Coruña leu La conquista de México de Antonio de Solís e as Vidas paralelas de Plutarco. Así mesmo, sentía fascinación polos libros sobre a Revolución Francesa. Durante os invernos, tempo no que a familia moraba en Madrid por mor das actividades políticas do pai, militante no partido liberal progresista, Emilia asistía a un colexio francés protexido pola Real Casa. Alí coñeceu a obra literaria de La Fontaine e Jean Racine e comezou a súa aprendizaxe políglota.
Cando a escritora contaba con 12 anos de idade, a familia decidiu ficar na Coruña durante os invernos, recibindo Emilia clases de titores privados. Xa dende moi cedo, abrollou en Pardo Bazán un forte carácter e un espírito de independencia pouco habitual nunha muller, rexeitando as leccións de piano e mais as clases de música, que era o que tiña que aprender para adornar os salóns unha señorita do seu tempo. Cando moza, adicou a meirande parte do tempo á súa gran paixón, a lectura.
Casamento e patrimonio miniatura|250px|Pazo de Meirás. A torre maior (fóra de imaxe) era chamada A Torre da Quimera pola escritora, nela atopábase a súa biblioteca. O ano 1868 constituíu un fito na vida de Pardo Bazán.
No intre da súa voda a escritora contaba con dezaseis anos, case dezasete, e o marido, José Quiroga Pérez de Deza,Sotelo Vázquez, Marisa "Emilia Pardo Bazán y el Folklore Gallego" Garoza: revista de la Sociedad Española de Estudios Literarios de Cultura Popular. ISSN 1577-8932, n 7, 2007 . vinte. José Quiroga era un estudante de Dereito de orixe fidalga natural do Carballiño. Este vivía canda a súa familia no pazo de Banga, na parroquia homónima. A voda tivo lugar o 10 de xullo de 1868 na capela da granxa de Meirás, propiedade dos pais da noiva situada no concello coruñés de Sada.
Ao ser filla única, co seu casamento Emilia Pardo Bazán aspiraba a herdar as casas fidalgas de Meirás, Miraflores, Rañal, Callou, Riopaz, Cañás, Aranga, Zanfoga e Tamou, que os seus pais herdaran dos seus devanceiros. Ao seu patrimonio persoal houbo que engadir a vivenda do matrimonio na rúa Tabernas nº 11 da Coruña (casa que foi doada pola escritora á Real Academia Galega) e mailos bens e rendas procedentes da desamortización eclesiástica que o matrimonio adquiriu no concello de Malpica de Bergantiños e a Juan Menéndez Goicoiría na parroquia de San Martiño de Ozón, Muxía.
Ademais, Emilia Pardo Bazán era dona da casa da rúa San Bernardo nº 13 de Madrid. A súa nai Amalia, viúva, mercáraa como residencia familiar para os períodos de outono, inverno e primavera pasando os veráns e parte do propio outono no pazo de Meirás, que ela mandara reconstruír entre os anos 1897 a 1907 e que foi deseñado polo arquitecto José Lampárez, amigo de seu, contando coa opinión de Emilia para a fachada do pazo e da nai para os interiores. miniatura|Castelo de Santa Cruz, unha das múltiples propiedades dos Pardo-Bazán. Os bens e citadas casas fidalgas que posuía a escritora atopábanse nos concellos actuais de Abegondo, Aranga, Arteixo, Boimorto, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cedeira, Cerdido, Coirós, A Coruña, Curtis, Fene, Ferrol, Malpica de Bergantiños, Mesía, Moeche, Muxía, Narón, Oleiros, Ordes, Ortigueira, Oza Cesuras, Paderne, Ponteceso, San Sadurniño, Santiago de Compostela, As Somozas, Valdoviño e Vilasantar na provincia da Coruña; no concello de Viveiro na provincia de Lugo, e nos concellos de Sanxenxo, O Grove e Poio na provincia de Pontevedra.
Primeiras obras miniatura|Estatua das cigarreiras que aparecen n'A Tribuna. miniatura|Fábrica de Tabacos da Coruña que aparece n'A Tribuna. Trala voda, Emilia e mailo seu home trasladáronse a Santiago de Compostela, onde este estudaba Dereito.Emilia Pardo Bazán (1851-1921) Enciclonet.com, consultada o 12/6/9 . Un ano despois, José Pardo, pai da escritora, é nomeado deputado nas cortes, trasladándose entón toda a familia a Madrid e introducíndose Emilia nos círculos culturais e literarios da época. Porén, o pai axiña ficou desilusionado coa política, polo que a familia decidiu abandonar o país para facer unha viaxe por Europa. A viaxe por Europa esperta na escritora o interese polas linguas estranxeiras. Emilia, que xa tiña coñecementos de latín e francés, decide aprender alemán e inglés co desexo de ler os grandes autores nas súas linguas orixinais. Antes de volver, Pardo Bazán pasou por París, onde coñeceu a Victor Hugo, o mestre da novela decimonónica.Universidad Virtual de la Lengua y Cultura Española: Emilia Pardo Bazán Uvilce.es . Asemade, ese mesmo ano publicou unha escolma de estudos sobre o darwinismo que reuniu baixo o título Reflexiones científicas sobre el darwinismo, en cuxo desenvolvemento xa se percibía o seu achegamento a teorías europeas (como o determinismo), estreitamente vencellado ao naturalismo francés.
Interésase polas novidades literarias estranxeiras e, ao regresar a España, entra en contacto co krausismo a través de Francisco Giner de los Ríos, co cal tiña unha grande amizade. A influencia krausista empurraríaa á lectura dos místicos e de Kant, e estes, á vez, conduciríana até Descartes, Tomé de Aquino, Aristóteles e Platón.
En 1876 dáse a coñecer como escritora ao participar e gañar un certame literario na vila de Ourense que tiña como fin celebrar o centenario do padre Feijoo. Nese mesmo ano nace Jaime, o seu primeiro fillo, a quen lle dedicaría anos máis tarde unha escolma de poemas co título de Jaime (1881), publicado polo seu amigo Francisco Giner de los Ríos.Guitar Novo, Susana "Emilia Pardo Bazán Unha muller que viviu e loitou como muller nun mundo de homes" Álbum de Mulleres.