Agostino Beccari, nado posibelmente en 1510 e finado en 1590, foi un poeta italiano.
Traxectoria Natural de Ferrara, escribiu Il sacrificio que se representou no Palacio Schifanoia de Francisco de Este en Ferrara o 11 de febreiro de 1554 con música de Alfonso della Viola. Esta obra está considerada o primeiro drama pastoril completo da literatura europea. Beccari recolleu a tradición da poesía pastorial latina que recuperou o Renacemento pero seguindo a complexa estrutura da comedia erudita. A obra editouse en 1555 e saíu do prelo unha segunda edición revisada en 1587.
Categoría:Escritores de Italia Categoría:Escritores en lingua italiana Categoría:Finados en 1590 Categoría:Nados na provincia de Ferrara