dereita|miniatura|300px|Fractura bimaleolar e luxación no nocello dereito nos raios X (antero-posterior) Na anatomía humana o nocello é unha articulación bicameral do membro inferior. Permite movementos de flexión-extensión e abdución-adución do pé. Tamén se denomina noelo, nortello e tornecelo.

Superficies articulares da cámara proximal Na perna: Tibia: cara inferior da epífise inferior e cara externa do maléolo tibial. Peroné: cara interna do maléolo peroneo. No tarso: Astrágalo: cara superior, interna e externa. O escafoide e calcáneo non son superficies articulares pero neles insírense varios ligamentos do nocello. Trátase dunha articulación troclear.

Superficies articulares da cámara distal Articulación astragalocalcanoide: entre astrágalo e calcáneo. É unha dobre artrodia morfolóxica e trocoide funcional. Articulación calcaneoastragaloescafoide: entre astrágalo e escafoide. Engadimos o calcáneo nesta articulación porque emite un cartigo importante para ela. Trátase dunha enartrose.

Ligamentos da articulación Da cámara proximal: Ligamento lateral externo: composto por tres feixes. Ligamento peroneoastragalino anterior Ligamento peroneoastragalino posterior Ligamento peroneocalcáneo Ligamento lateral interno: composto por catro feixes. Ligamento deltoide ou superficial: contén tres feixes. Ligamento tibioastragalino anterior, posterior e tibiocalcáneo Ligamento fondo: por debaixo dos anteriores Ligamento tibioastragalino medio Da cámara distal: Articulación astragalocalcanoide: un ligamento intrínseco: ligamento do seo do tarso e dous ligamentos extrínsecos: un posterior e outro interno. Articulación calcaneoastragalinoescafoide: ligamento clave e ligamento de reforzo superior.

Notas

Categoría:Anatomía rexional Categoría:Articulacións