miniatura|Astrágalo dun pé humano, en azul O astrágalo é un óso humano e doutras especies de vertebrados, o óso superior da fila proximal do tarso. Presenta seis caras, das que só unha non é articular. Ten tres zonas diferenciadas, unha cabeza, un pescozo (máis estreito) e un corpo (a parte máis posterior e máis grosa).

Estrutura do óso Cara superior: presenta un saínte óseo, unha tróclea, que forma parte da articulación do nocello. Cara inferior: artéllase co calcáneo, unha dobre artrodia morfolóxica e trocoide funcional. Cara posterior: a única non articular das seis. Presenta unha canle para o músculo flexor largo do I dedo. Cara anterior: artéllase coa cara posterior do escafoide. Cara externa: hai nela un tubérculo que presta inserción ó ligamento lateral externo. Artéllase co maleolo peroneo. Cara interna: presta inserción ó ligamento lateral interno do nocello. Artéllase coa epífise inferior da tibia.

Sociedade e cultura Os dados creáronse orixinariamente do astrágalo de animais con pezuños, normalmente con forma de tetraedro. Hai lugares, como en Mongolia, onde aínda se usan para xogos e adiviñación, onde cada parte se relacionan cun significado simbólico.

Outros animais O astrágalo procede aparentemente da fusión de tres ósos independentes nos anfibios primitivos: o tibiale, que se articulaba coa tibia, o intermedium, entre os extremos da tibia e o peroné e o cuarto centrale, situado no medio do tarso. Estes ósos aínda están parcialmente separados nos anfibios modernos, polo que non teñen verdadeiramente un astrágalo. O astrágalo configúrase como un artello moito máis flexible nos mamíferos ca nos réptiles. O seu máximo desenvolvemento acádase nos artiodáctilos, nos que a superficie distal do óso ten un pequeno saínte que lle confire unha maior liberdade de movemento ó pé e incrementa a velocidade ó correr.

Articulacións do óso

Notas

Categoría:Esqueleto