O óso escafoide do tarso, tamén chamado navicular, é un óso humano que ocupa a parte interna da fileira distal do tarso. Presenta unha estrutura cuboide.
Superficie e insercións Superficie posterior: é unha zona escavada destinada á cabeza astragalina, establecendo a única enartrose do pé. Forma parte do nocello. Superficie anterior: artéllase cos ósos cuneiformes. Presenta tres zonas articulares: externa, media e interna, para cada óso. As articulacións son pequenas artrodias, polo que o movemento redúcese a pequenos deslizamentos. Superficie interna: forma parte do bordo interno do pé. Nela insírese o músculo tibial anterior. Superficie externa: na parte posterior artéllase co cuboide. Superficie superior: insírese o ligamento clave (brazo interno). Superficie inferior: insírese o músculo tibial posterior e a fascia plantar media.
Articulacións
Por detrás co astrágalo. Por diante cos ósos cuneiformes: artrodias. Por fóra co cuboide.
Categoría:Esqueleto