A Federación de Pelota Valenciana (en valenciano Federació de Pilota Valenciana) é unha organización pública que se dedica a regulamentar, organizar competicións e fomentar a difusión do deporte da pelota valenciana. O seu presidente é Ramón Sedeño Clemente.

dereita|250px|miniatura|Pilota valenciana

No 2003 tiñan licenza de xogador de pelota afeccionado 2 003 persoas, nas escolas de pelota había 756 alumnos para 28 monitores, e os pelotaris profesionais eran 77, e os trinquets tiñan 15 marchadores recoñecidos.

Historia En 1925 nace en Donostia a Confederación Española de Pelota Vasca, que funcionará até a Guerra Civil do 1936. Ó acabar a contenda, o Consejo Nacional de Deportes creou a Federación Española de Pelota, da cal era integrante a acabada de nacer Federació Valenciana de Pilota, xa que sabían que se xogaba coa man. Unha mostra desta ignorancia e despreocupación foi que escolleron coma presidente a José Marín, exfutbolista do Valencia CF. Os seguintes presidentes tampouco eran xente relacionada co xogo senón xente doutros deportes, con algunha excepción.

O 15 de febreiro de 1984 o pleno do Consello da Generalitat Valenciana desprega a normativa do decreto do 5 de decembro de 1983 que regula a constitución de federacións valencianas de deportes autóctonos coma instrumento para agrupar asociacións e deportistas impulsando a práctica e a promoción.

A federación instituíu o 14 de xuño coma o Dia de pilota, en lembranza da data da prohibición (no 1391) de xogar á pelota dentro dos muros da cidade de Valencia.

Competicións oficiais Professionais Escala i Corda Trofeu Individual Bancaixa, Trofeu President de la Generalitat Circuit Bancaixa Raspall Campionat Individual de Raspall, trofeu President de la Generalitat Campionat per Equips de Raspall

Afeccionados Escala i Corda Campionat Autonòmic d'Escala i Corda Lliga Caixa Popular Frontó Campionat Autonòmic de Frontó Individual Campionat Autonòmic de Frontó per Parelles Galotxa Campionat Autonòmic Interpobles Supercopa de Galotxa Trofeu el Corte Inglés Copa Generalitat de Galotxa Llargues Lliga a Llargues d'Alacant Palma Lliga a Palma Perxa Lliga a Perxa Raspall Campionat Autonòmic de Raspall al carrer Campionat Autonòmic de Raspall en trinquet

Relacións internacionais Dende 1992, a Federació de Pilota Valenciana forma parte da Confederación Internacional de Xogo de Pelota, a cal organiza cada ano os Campionatos Internacionais de Pelota, nos que participa a Selección Valenciana de Pelota.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da Federación de Pelota Valenciana II Congreso Mundial de Pelota a Man do 25 ao 28 de abril de 2007

Categoría:Federacións deportivas de España Categoría:Pelota valenciana