O Empalme é un lugar da parroquia de Castroncelos, no concello lugués da Pobra do Brollón, anexo á aldea da Estación.

Toponimia O topónimo O Empalme é un hodónimo que sinala un punto onde se unen dous camiños. Fai referencia ao cruzamento da estrada LU-933 (antiga C-533 da Gudiña a Lalín) coa estrada que vai da vila da Pobra do Brollón á estación do ferrocarril e a Vilachá de Salvadur.

Lugares e parroquias

Lugares de Castroncelos

Parroquias da Pobra do Brollón

Categoría:Lugares da Pobra do Brollón