Bascuas é un lugar da parroquia de San Salvador de Parga no concello lugués de Guitiriz na comarca da Terra Chá. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2007 tiña 14 habitantes (oito homes e seis mulleres), dous menos ca en 2000.
Patrimonio Na ermida da Virxe consérvase unha estela de orixe romana, reutilizada no lintel da porta que dá entrada á sancristía desde a nave. A estela é de carácter funerario, ofrecida por Severina, e sobre a epígrafe ten debuxado un círculo solar, unha media lúa e círculos de forma simétrica.
Notas
Lugares e parroquias Lugares de San Salvador de Parga
Parroquias de Guitiriz
Categoría:Lugares de Guitiriz