Abraham Lincoln, nado preto de Hodgenville, Kentucky, o 12 de febreiro de 1809 e finado en Washington o 15 de abril de 1865, foi un avogado e estadista estadounidense que exerceu como 16º presidente dos Estados Unidos desde 1861 ata o seu asasinato en 1865. Lincoln liderou a nación durante a guerra civil americana, o conflito máis sanguento e quizais tamén a maior crise moral, constitucional e política que sufriu a nación estadounidense. O mesmo tempo logrou preservar a Unión, abolir a escravitude, reforzar o goberno federal e modernizar a economía estadounidense.
Lincoln naceu na pobreza nunha cabana de troncos no estado de Kentucky e criouse na fronteira, principalmente en Indiana, no que entón era o Afastado Oeste. Foi un home en gran parte autodidacta que chegou a ser avogado, líder do Partido Whig, lexislador do estado de Illinois e deputado no Congreso dos Estados Unidos de Illinois, na cal permaneceu oito anos. Elixido para a Cámara de Representantes dos Estados Unidos en 1846, Lincoln promoveu unha rápida modernización da economía a través de sectores como o bancario, os impostos e os ferrocarrís. Debido a que nun principio acordara non optar a un segundo período no congreso e a que a súa oposición á intervención estadounidense en México era impopular entre os votantes de Illinois, Lincoln volveu a Springfield para retomar a súa carreira na avogacía.
En 1854 enfadouse pola Ley de Kansas-Nebraska que abría os territorios á escravitude, e volveu entrar na política. Pronto chegou a ser líder do novo Partido Republicano. Os debates da campaña do Senado de 1858 contra Stephen A. Douglas alcanzaron audiencia nacional. En 1860 Lincoln asegurouse a súa candidatura á presidencia dos Estados Unidos de América polo Partido Republicano. Aínda que apenas tivo apoio dos estados sureños, defensores da escravitude, arrasou no norte e foi nomeado presidente en 1860.
Antes mesmo de chegar á Casa Branca, a súa vitoria e a falta de acordo no tema esencial da escravitude provocaron que sete estados do sur escindísense para crear os Estados Confederados de América. Durante este tempo, os recentemente formados Estados Confederados de América comezaron a apoderarse das bases militares federais no sur. Pouco máis dun mes despois de que Lincoln asumise a presidencia, os Estados Confederados atacaron Fort Sumter, un forte estadounidense en Carolina do Sur, que inspirou aos estados norteños a unirse para formar a Unión. Despois do bombardeo, Lincoln mobilizou forzas para reprimir a rebelión e restaurar a Unión.
Como líder da facción moderada dos republicanos, Lincoln enfrontouse á á máis radical do seu partido, a cal esixía maior dureza contra os estados do sur, aos demócratas (chamados " Copperheads ") contrarios á guerra, que o desprezaban, e a secesionistas irreconciliables, que conspiraron para asasinalo. Politicamente, Lincoln defendeuse enfrontando aos seus adversarios entre si mediante un mecenado político coidadosamente planificado e apelando ao pobo estadounidense coa súa habilidade oratoria. O seu discurso de Gettysburg chegou a ser considerado como unha das declaracións máis grandes e influentes do propósito nacional estadounidense.
Nun principio, Lincoln concentrouse nas dimensións militar e política do conflito. O seu obxectivo principal era conservar a unidade do seu país, para o que supervisou de preto o esforzo de guerra, en especial a selección dos xenerais que dirixirían o exército, entre eles o seu mellor home no campo de batalla, Ulysses S. Grant. Ademais, o presidente tomou importantes decisións na estratexia de guerra da Unión, entre elas un bloqueo naval que impediu o comercio dos estados sureños, movementos para tomar o control de Kentucky e Tennessee e o uso de buques canoneiros para dominar as vías fluviais do sur. Lincoln tratou repetidamente de conquistar a capital confederada en Richmond, misión que encargou a sucesivos xenerais ata que Grant conseguiuno. Mentres se libraba a guerra, os seus complexos movementos para acabar coa escravitude incluíron a Proclamación de Emancipación en 1863. O presidente usou ao exército da Unión para protexer a escravos fuxidos, forzou aos estados fronteirizos a prohibir o sistema escravista e sacou adiante no Congreso a hoxe soada Décimo terceira Emenda á Constitución dos Estados Unidos, que prohibiu de forma definitiva a escravitude.Cardona Castro, Francisco L. ed (2003). Grandes biografías; Abraham Lincoln. P. 145.
Lincoln foi un político excepcionalmente astuto, que se involucrou profundamente nas cuestións de poder de cada estado, o que lle valeu ser reelixido no poder en 1864. En previsión do final da guerra, impulsou unha moderada reconstrución que buscaba reunificar o país de maneira rápida a través dunha xenerosa política de reconciliación no medio dunha persistente e amarga división. O 14 de abril de 1865, cinco días despois da decisiva rendición do xeneral en xefe do bando confederado, Robert E. Lee, Lincoln foi asasinado por John Wilkes Booth, un simpatizante da causa do sur. Desde entón, Abraham Lincoln foi considerado por historiadores e pola opinión pública como un dos mellores presidentes dos Estados Unidos de América."Ranking Our Presidents" . James Lindgren. 16 de novembro de 2000. International World History Project."Americans Say Reagan Is the Greatest President". Gallup Inc. 28 de febreiro de 2011.
Traxectoria Primeiros anos miniatura|upright|esquerda|Imaxe de Lincoln na súa mocidade
Naceu o 12 de febreiro de 1809 nunha cabana feita de troncos situada preto da cidade de Hodgenville, no actual condado de LaRue do Estado de Kentucky, lugar que na actualidade é parque histórico nacional. Os seus pais, Thomas Lincoln e Nancy Hanks, naceran en Virxinia e como tantos pioneiros agricultores trasladáronse ao oeste. A familia Lincoln procedía de Inglaterra. En 1637, Samuel Lincoln, aprendiz de tecedor, abandonou Gran Bretaña e trasladouse a América do Norte, instalándose en Hingham, Massachusetts. Lincoln tamén era un descendente da familia Harrison de Virxinia; o seu avó paterno e homónimo, o capitán Abraham Lincoln e a súa esposa Bathsheba (de solteira Herring) trasladaron a familia de Virxinia ao condado de Jefferson, Kentucky. O capitán morreu nunha incursión dos indios en 1786. Os seus fillos, incluído Thomas, o pai de Abraham, de oito anos, foron testemuñas do ataque. Thomas traballou entón en traballos ocasionais en Kentucky e Tennessee antes de que a familia se instalase no condado de Hardin, Kentucky , a principios do século XIX. A herdanza da nai de Lincoln, Nancy, segue sen estar clara, pero asúmese amplamente que era filla de Lucy Hanks. Máis adiante, os Lincoln fóronse establecendo en Nova Jersey, Pensilvania, Virxinia, ata chegar finalmente a Kentucky, onde Thomas Lincoln, aos seus vinte e oito anos, casou con Nancy Hanks, o 12 de xuño de 1806 no condado de Washington, cando Nancy contaba con vinte e dous anos de idade e mudáronse a Elizabethtown, Kentucky. Tiveron tres fillos: Sarah , Abraham e Thomas, que morreu de pequeno..
Thomas Lincoln comprou ou alugou granxas en Kentucky antes de perder todas as súas terras; menos 200 ha en disputas xudiciais sobre os títulos de propiedade. En 1816, a familia trasladouse a Indiana, onde os estudos e os títulos de propiedade eran máis fiables. Indiana era un territorio "libre" (non escravista), e establecéronse nun "bosque virxe" en Hurricane Township no Condado de Perry, Indiana. En 1860, Lincoln sinalou que o traslado da familia a Indiana foi "en parte por mor da escravitude", pero principalmente debido ás dificultades cos título de terra.. miniatura|upright|A granxa onde creceu Lincoln Spencer County, Indiana En Kentucky e Indiana, Thomas traballou como agricultor, ebanista e carpinteiro. En varias ocasións, foi propietario de granxas, gando e terreos da cidade, pagou impostos, formou parte de xurados, taxou leiras e serviu nas patrullas do condado. Thomas e Nancy eran membros dunha igrexa bautista separada, que prohibía o alcol, o baile e a escravitude.
Superados os desafíos financeiros, Thomas en 1827 obtivo o título de propiedade de en Indiana, unha área que se converteu na Comunidade de Little Pigeon Creek. Morte da nai O 5 de outubro de 1818, Nancy Lincoln morreu por mor da enfermidade do leite, deixando a Sarah, de 11 anos, a cargo dunha familia que incluía o seu pai, Abraham, de 9 anos, e o curmán orfo de Nancy, de 19 anos Dennis Hanks. Dez anos máis tarde, o 20 de xaneiro de 1828, Sarah morreu mentres daba a luz a un fillo nado morto, feito desgarrador para Lincoln.
O 2 de decembro de 1819, Thomas casóu con Sarah Bush Johnston, unha viúva da cidade de Elizabethtown, Kentucky, con tres fillos. Abraham achegouse á súa madrasta e chamouna "Nai". A Lincoln non lle gustaba o duro traballo asociado á vida na granxa. A súa familia mesmo dicía que era preguiceiro, por todo o que "lía, garabateaba, escribía, cifraba, escribía poesía, etc...". A súa madrasta recoñeceu que non lle gustaba o "traballo físico", pero que lle encantaba ler.
Educación e traslado a Illinois Lincoln foi en gran parte autodidacta. A súa educación formal foi impartida por mestres itinerantes. Incluíu dúas breves estancias en Kentucky, onde aprendeu a ler, á idade de sete anos, pero probablemente non a escribir e en Indiana, onde foi á escola esporadicamente debido ás tarefas da granxa, durante un total de menos de 12 meses ata á idade de 15 anos. Persistiu como un ávido lector e mantivo un interese permanente pola aprendizaxe. Familiares, veciños e compañeiros de escola lembraron que a súa lectura incluía a Biblia do rei Xacobe (King James Bible), as fábulas de Esopo (Aesop's Fables), as novelas de John Bunyan The Pilgrim's Progress (O progreso do peregrino), a de Daniel Defoe Robinson Crusoe, e The Autobiography of Benjamin Franklin (Autobiografía de Benjamin Franklin). miniatura|upright|New Salem, Illinois Cando era adolescente, Lincoln asumiu a responsabilidade das tarefas e adoitaba darlle ao seu pai todas as ganancias do traballo fóra da casa ata que tivo 21 anos. Lincoln era alto, forte e atlético, e fíxose experto no uso do machado. Foi un loitador activo durante a súa mocidade e adestrouse no estilo catch-as-catch-can (coñecido como catch wrestling). Con 21 anos converteuse en campión comarcal de loita libre. Gañou reputación de forza e audacia despois de gañar un combate de loita co recoñecido líder de rufiáns coñecido como "The Clary's Grove Boys".
En 1816, a súa familia mudouse para o estado de Indiana, onde Lincoln viviu dos sete aos 21 anos. Os seus estudos, segundo as súas propias palabras, resumíanse, nesa época, a saber ler, escribir e facer as catro operacións. No estado había escaseza de libros e papel, e a Biblia era probabelmente o único libro existente en casa dos seus pais. Lincoln estudouna a fondo, vindo máis tarde a enriquecer os seus discursos e traballos escritos con citas bíblicas. En marzo de 1830, receando doutro brote da enfermidade do leite, varios membros da extensa familia Lincoln, incluído Abraham, trasladáronse ao oeste de Illinois, un estado libre desta enfermidade, e establecéronse en Macon County. Abraham distanciouse cada vez máis de Thomas, en parte debido á falta de educación do seu pai. En 1831, mentres Thomas e outra familia preparábanse para mudarse a unha nova granxa no Coles County, Illinois, Abraham emprendeu o seu propio camiño. Viviu, durante seis anos, en New Salem, Illinois. Lincoln e algúns amigos levaron mercadorías en flatboat (lancha plana) a Nova Orleáns, Luisiana, onde estivo exposto por primeira vez á escravitude.
En 1865, preguntáronlle a Lincoln como chegou a adquirir as súas habilidades retóricas. Respondeu que no exercicio da avogacía atopaba con frecuencia a palabra "demostrar" pero non entendía o termo suficientemente. Así que deixou Springfield para ir a casa do seu pai para estudar ata que "puidese darse unha resposta trala lectura dos seis libros de Euclides [aquí, facendo referencia aos Elementos]"