Isabel Blanco, nada o 10 de maio de 1979 en Bergen (Noruega), é unha xogadora de balonmán norueguesa de ascendencia galega.
Traxectoria Filla do futbolista Fernando Blanco Jiménez, que chegou a xogar co Deportivo da Coruña, naceu en Noruega, onde os seus pais estaban instalados. Comezou a xogar ao balonmán nese país, no Kjøkkelvik. Despois fichou polo Vadmyra, polo Nordnes de Bergen, polo Tertnes e finalmente marchou a xogar a España ao Club El Ferrobús Mislata, de Mislata (Valencia). Logo dunha tempada xogando en España fichou polo Ålborg DH dinamarqués e despois polo Ikast-Brande Elite Håndbold do mesmo país.
Representou a Noruega internacionalmente, e conseguiu coa súa selección a medalla de ouro nos campionatos de Europa de balonmán en 2004"6th European Handball Championships – Hungary 2004 – Team Norway" (consultado por última vez o 25 de febreiro de 2008, ilocalizable en decembro de 2008) e en 2008Isabel Blanco, una noruega de origen gallego, entre las campeonas de Europa, La Voz de Galicia, 15/12/08 . Ademais, obtivo medallas de prata nos campionatos dinamarqueses de 2005 e 2008, e unha de bronce en 2006. Foi escollida nese ano tamén pivote do ano da liga dinamarquesa.
Notas
Categoría:Xogadores de balonmán de Galicia Categoría:Xogadores de balonmán de Noruega Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados en Bergen Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Noruegueses de ascendencia galega