A maltosa ou azucre de malte é un disacárido formado pola unión de dúas glicosas mediante un enlace O-glicosídico entre o carbono número 1 da primeira e o 4 da segunda. Xorde cando se descompón por hidrólise os polisacáridos amidón e glicóxeno.
Características É de cor branca. Disólvese ben en auga. Ten sabor doce Ten carácter redutor ó quedar libre o carbono 1 da segunda glicosa.
Utilidade A maltosa utilízase para a fabricación de alcois como a cervexa e o whisky entre outros. Pódese empregar o malte como substituto do café.
Notas
Categoría:Carbohidratos Categoría:Disacáridos