A praia de Patos é un areal situado na parroquia de Panxón, no concello de Nigrán, no Val Miñor.
Sitúase entre a península de Monteferro e a praia do Caranquexo, tamén coñecida como praia das Canas. Esta praia é moi frecuentada por afeccionados e seguidores do mundo do surf, grazas ás súas ondas provocadas pola súa orientación cara ó mar aberto.
No ano 2014 tiña Bandeira Azul.
Véxase tamén Outros artigos Praias da provincia de Pontevedra
Patos Categoría:Bandeira Azul