O tríceps braquial é un músculo do membro superior, encargado da extensión do antebrazo. O tríceps humano ten as seguintes características:
Insercións O músculo tríceps consta de tres porcións. Superiores: Tubérculo infraglenoide da escápula para a porción longa. Cara posterior diafisaria do úmero para as porcións externa e interna. Inferiores: Superficie posterior da apófise olecraniana do cúbito.
Relacións Forma parte do plano muscular posterior do brazo e chega ao antebrazo. Na parte posterior e inferior do úmero únense as tres porcións. Entre as dúas porcións laterais áchase a canle radial posterior ou canle de torsión do úmero, pola cal discorren nervio radial posterior, arteria umeral fonda e dúas veas satélites.
Vascularización e innervación Vascularización: Arteria umeral fonda Innervación: Póla do nervio radial común
Función É un músculo extensor do antebrazo.
Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.
Categoría:Musculatura do membro superior