HD 89307 (HIP 50473 / GC 14140 / SAO 99049)HD 89307 (SIMBAD) é unha estrela na constelación de Leo de magnitude aparente 7,06. Atópase a 108 anos luz de distancia do Sistema Solar. No 2004 anunciouse o descubrimento dun planeta extrasolar en órbita ó redor desta estrela.

HD 89307 é unha anana amarela de tipo espectral G0V cunha temperatura superficial de 5835 K. É un análogo solar, unha estrela cunhas características físicas que son moi semellantes ás do Sol. Cunha luminosidade aproximadamente un 24% maior cá solar, a súa masa é apenas o 1% máis grande cá do Sol, sendo o seu radio un 10% máis grande có radio solar e xira sobre si mesma a unha velicidade estimada de 2,9 km/s. En canto a súa idade , pode ser unha estrela un pouco máis vella có Sol, cunha idade estimada de 4900 ± 2900 de anos.

HD 89307 presenta un contido metálico un 25% inferior ó solar, sendo o seu índice de metalicidade [Fe/H] = -0,12. Os niveis de silicio, titanio, sodio e níquel son tamén inferiores ós do Sol. En canto ó litio, a abundancia relativa deste elemento (logє[Li] = 2,10) é inferior ó valor cósmico.

Sistema planetario

No 2004 deuse a coñece-la existencia dun planeta xigante, denominado HD 89307 b, orbitando ó redor de HD 89307, cunha masa mínima de 2 veces a masa de Xúpiter. A diferenza doutros exoplanetas descubertos que se atopan moi preto das súas respectivas estrelas nai, a separación media entre HD 89307 b e a estrela é de 3,34 UA. O período orbital é de 2199 días.HD 89307 (The Extrasolar Planets Encyclopaedia)

Notas

Véxase tamén Lista de estrelas con planetas extrasolares confirmados

Ligazóns externas

Categoría:Constelación de Leo Categoría:Estrelas na secuencia principal tipo-G